Seminario online e Consultas: “Revisión da normativa da Unión Europea en materia de facturación electrónica (eInvoicing)”- Abril e Xuño 2026
A Comisión Europea está a levar a cabo un proceso de revisión da normativa da Unión Europea en materia de facturación electrónica (eInvoicing), co obxectivo de presentar unha proposta lexislativa a finais de 2026. Esta iniciativa busca mellorar a interoperabilidade entre sistemas, reducir as cargas administrativas e fomentar a dixitalización dos procesos de facturación en toda a UE.
Neste contexto, lanzouse unha consulta dirixida a empresas, cuxo prazo de participación remata o 30 de abril. Mediante este cuestionario, a Comisión pretende recoller información clave sobre o impacto real da facturación electrónica no ámbito empresarial, incluíndo custos, beneficios e desafíos prácticos na súa implementación. A participación do tecido empresarial é fundamental para asegurar que as futuras normas respondan adecuadamente ás súas necesidades.
Accede ao cuestionario de consulta para empresas
Como parte das actividades preparatorias, a Comisión organizará un seminario online que terá lugar o luns 27 de abril, de 10:00 a 12:00 h. Este encontro ten como finalidade recompilar experiencias prácticas de empresas e outros actores sobre a aplicación da facturación electrónica na Unión Europea.
No seguinte enlace podes acceder á información e inscribirte no Seminario Reality check on the revision of eInvoicing Directive – Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs
Este seminario e a enquisa a empresas compleméntanse cunha consulta pública sobre o mesmo tema, que estará aberta ata o 10 de xuño no marco da iniciativa Facturación electrónica: revisión das normas da UE
En definitiva, tanto a consulta pública como o cuestionario empresarial e o seminario forman parte dun proceso de diálogo coas partes implicadas, con vistas a garantir que a futura revisión normativa sexa eficaz, coherente e adaptada ó contorno empresarial europeo.
Consulta para empresas ata o 30 de abril de 2026
Consulta pública ata o 10 de xuño de 2026
- Confederación de Empresarios de Galicia
- EEN-GalacteaPlus
- Enterprise Europe Network
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.