RADAR DE EMPRESAS: Procura de empresas con perfil comprador ou que necesitan solucións tecnolóxicas en B2B CONXEMAR 2026 – 31/05/2026
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), como membros da Enterprise Europe Network (EEN), organizan un ano máis un evento de reunións B2B virtuais no marco da feira Conxemar 2026, un dos encontros internacionais máis relevantes do sector de produtos do mar conxelados, que se celebrará do 6 ao 8 de outubro de 2026 en Vigo.
Para reforzar o impacto do evento desde o seu lanzamento, esta edición busca identificar desde o inicio dous perfís estratéxicos de empresas participantes:
- Empresas con perfil comprador interesadas en identificar novos produtos, provedores ou solucións dentro do sector de produtos do mar conxelados e a súa industria auxiliar
- Empresas con necesidades ou retos tecnolóxicos que buscan solucións innovadoras ou tecnoloxías específicas para mellora dos seus procesos, produtos ou servicios
Se ti encaixas con algún destes perfís, trasládanos as túas necesidades a través deste formulario ata o 31 de maio, e a EEN porase en marcha para promover a busca de empresas ou institucións que poidan ofrecerte as solucións adecuadas.
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Enterprise Europe Network
- Axencia Galega de Innovación - GAIN
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.
Xornada “Empresas que transforman territorios: o papel das Empresas de Tamaño Intermedio (ETI)” – 21/04/2026
Ler máis