gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Oportunidades no Mercado da Contratación Pública na Eurorrexión Norte de Portugal- Galicia 16/07/2026

Oportunidades no Mercado da Contratación Pública na Eurorrexión Norte de Portugal- Galicia 16/07/2026

O xoves 16 de xullo de 2026, ás 11:30 h, celébrase na Sede da CEG, en Santiago de Compostela, a xornada “Oportunidades no Mercado da Contratación Pública na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia”, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración coa AEP, CEVAL, o IGAPE e IAPMEI, I.P. – Agência para a Competitividade e Inovação de Portugal.

Este encontro, enmarcado no proxecto Bid4Tenders —cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg España-Portugal—, ten como obxectivo poñer en valor as oportunidades que ofrece o mercado da contratación pública na Eurorrexión, reunindo institucións, empresas e expertos de ambos os dous lados da fronteira.

A xornada xira arredor de catro grandes eixos:

  • As oportunidades da contratación pública na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia e como poden acceder a elas as empresas.
  • A Estratexia Galega de Contratación Pública Horizonte 2030 e as súas implicacións para o tecido empresarial.
  • As novidades derivadas da recente modificación do Código dos Contratos Públicos de Portugal.
  • Os resultados do proxecto Bid4Tenders no seu labor de fomento da participación das pemes na contratación pública transfronteiriza, xunto co testemuño directo de empresas participantes.

Modalidade: Presencial

Data: Xoves, 16 de xullo de 2026

Hora: 11:30 h

Lugar: Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Enderezo: Rúa do Vilar, 54 – Santiago de Compostela

Programa

Participación gratuita, pero inscrición obliglatoria

Inscribirse
Data
Xoves, 16 de xullo de 2026
Hora
11:30 a 12:30 horas
Lugar
Sede da CEG
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formulario de inscrición

    Como se decatou da existencia desta actividade?
    Ver condicións para o tratamento dos seus datos
    Autorizo asemade a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.