Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade – 28/07/2026
O próximo 28 de xullo terá lugar en Celeiro a xornada informativa “Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade”, organizada polas entidades galegas que albergan as redes de información e asesoramento ás empresas da Unión Europea en Galicia.
A xornada conta coa colaboración do Porto de Celeiro, Eurochambres, a Cámara de Comercio de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo, entidades que se suman a esta iniciativa co obxectivo de acercar ao tecido empresarial galego as oportunidades e servizos que a Unión Europea pon á súa disposición.
O encontro ten como finalidade presentar os instrumentos e recursos que a Comisión Europea ofrece ás empresas de Galicia, a través da cooperación entre as redes europeas de apoio empresarial e as entidades e institucións do territorio, facilitando o acceso a información, asesoramento e oportunidades en ámbitos clave como a innovación, a internacionalización e a mellora da competitividade.
Nesta edición, e aproveitando o marco singular da Mariña, a xornada incorporará un espazo de reflexión sobre unha cuestión estratéxica para Galicia: o futuro do mar e da pesca en Europa. Este debate adquire especial relevancia nun momento decisivo, no que se está a configurar o próximo orzamento plurianual da Unión Europea e as políticas comunitarias que marcarán a evolución dun sector fundamental para a economía galega.
A sesión reunirá representantes institucionais, expertos e axentes económicos para analizar os retos e oportunidades que ofrece Europa, con especial atención ás necesidades das empresas galegas e ao futuro dunha actividade tan arraigada e estratéxica como a pesca. Unha oportunidade para coñecer as ferramentas europeas ao servizo do tecido empresarial e para contribuír ao debate sobre o papel de Galicia na construción dunha Europa máis competitiva, innovadora e sostible.
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Enterprise Europe Network
- Axencia Galega de Innovación - GAIN
- UNINOVA
- Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
- Erasmus for Young Entrepreneurs
- Puerto de Celeiro
- Eurochambres
- Cámara de Comercio de Lugo
- Confederación de Empresarios de Lugo
Formulario de inscrición
Oportunidades no Mercado da Contratación Pública na Eurorrexión Norte de Portugal- Galicia 16/07/2026
Ler máis