gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Desenvolvendo o potencial exportador das nosas empresas: o uso estratéxico das cadeas de subministración nunha contorna de alto risco e incerteza – 12/03/2026
FotoWeaponización

Desenvolvendo o potencial exportador das nosas empresas: o uso estratéxico das cadeas de subministración nunha contorna de alto risco e incerteza – 12/03/2026

Este seminario ofrece ás empresas exportadoras galegas ferramentas estratéxicas para xestionar cadeas de subministración ante riscos xeopolíticos e cambios no comercio internacional. Analizaranse conceptos como a weaponización da loxística, o friendshoring e o nearshoring, así como as novidades dos Acordos de Libre Comercio da UE e a importancia da orixe da mercadoría.

A sesión contará con Natalia Velasco Gatón, experta en comercio exterior e cadeas de subministración, especializada en loxística internacional e internacionalización de empresas, con ampla experiencia en formación e asesoramento estratéxico. Ademais, ofreceranse recomendacións prácticas sobre aranceis, Incoterms, transporte e xestión aduaneira para optimizar custos e mellorar a competitividade internacional.

Contidos completos no programa da xornada.

Data
Xoves, 12 de marzo de 2026
Hora
9:30h - 14:00h
Lugar
Sede da CEG
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Enterprise Europe Network

Inscrición cerrada

A data de inscrición finalizou.