gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Curso práctico Construción de Políticas de Transparencia Salarial – Teleformación
ImaxeCursoPracticoTranspSalarialTeleformacion

Curso práctico Construción de Políticas de Transparencia Salarial – Teleformación

A finalidade deste curso é capacitar ao alumnado para deseñar, implantar e soster unha política de transparencia salarial completa, trazable e defendible, construída sobre fundamentos técnicos sólidos (DPT, VPT, rexistro retributivo e auditoría retributiva) e aliñada coas esixencias da Directiva (UE) 2023/970, integrando criterios obxectivos para a xestión de salarios, revisións, desempeño e promoción, así como un plan de comunicación interna que facilite a súa adopción na organización.

Obxectivos específicos:

1. Elaborar e depurar descricións de postos de traballo orientadas á transparencia salarial, garantindo comparabilidade, coherencia interna e rastrexabilidade das funcións e responsabilidades.

2. Aplicar un sistema de valoración de postos cuantitativo e obxectivo, con perspectiva de xénero, como base técnica para a toma de decisións retributivas e a construción de estruturas salariais equitativas.

3. Construír e interpretar o rexistro retributivo, identificando correctamente os conceptos salariais e extrasalariales e adaptando a análise aos distintos interlocutores da organización.

4. Desenvolver unha auditoría retributiva aplicada, analizando brechas salariais, identificando factores explicativos e definindo medidas correctoras viables e aliñadas coa realidade organizativa.

5. Integrar as esixencias da Directiva (UE) 2023/970 nas políticas internas da empresa, incorporando o dereito á información salarial e a transparencia nos procesos de selección, promoción e revisión salarial.

6. Deseñar unha estrutura salarial clara e coherente, mediante a definición de familias profesionais, bandas salariais e regras obxectivas de progresión e revisión.

7. Vincular desempeño, promoción e incrementos salariais a criterios obxectivos e avaliables, reducindo a discrecionalidade e os nesgos na toma de decisións.

8. Definir unha estratexia de comunicación da política de transparencia salarial, dirixida á RLT, o persoal e os mandos intermedios, que facilite a súa comprensión, aplicación e sustentabilidade no tempo.

Inscribirse
Lugar
Modalidade: Teleformación
24 horas síncronas
51 horas asíncronas
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia
Co financiamento de

Formulario de inscrición

    Como se decatou da existencia desta actividade?
    Ver condicións para o tratamento dos datos para a xestión do alumnado do curso práctico construción de políticas de transparencia salarial
    Autorizo pola CEG o envío de información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.