CEG

 

Reunión de Diálogo Social para avaliar medidas para facilitar liquidez a pymes e autónomos e para adiantar parte da nómina a afectados polos ERTES

Fotografía da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Reunión de Diálogo Social

Antonio Fontenla Ramil, representante da Xunta de Vicepresidentes da Confederación de Empresarios de Galicia, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia co Conselleiro de Economía,  Emprego e Industria, Francisco Conde, así como con representantes dos sindicatos CCOO e UXT para avaliar, no marco do diálogo social, as medidas para facilitar liquidez inmediata a autónomos e pemes e para adiantar parte da nómina aos traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego ( Erte) xa aprobados por parte da Administración autonómica pero que aínda están á espera de que o Goberno lles pague as súas prestacións.Segundo Antonio Fontenla "o diálogo social é a ferramenta idónea para chegar a acordos en favor do interese común dos traballadores e empresarios de Galicia, cunha clara repercusión directa por tanto no benestar dos galegos e as galegas".

"En febreiro do ano pasado reabriuse o último proceso en Galicia, e tras unha negociación dirixida a propostas concretas e realistas que implicasen progreso e beneficio para todos, en decembro asináronse uns novos acordos. Hoxe estes pactos tivéronse que reconducir e adaptar á nova situación que estamos a padecer, e igualmente a través da unidade e do consenso planificaremos a volta á normalidade", manifestou o representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG. 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.