A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a través do seu Servizo de Licitacións Internacionais (SALT) e en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), lanzou un ciclo de talleres formativos en licitacións multilaterais para o período 2024-2025.
O primeiro destes talleres, titulado "Definición de estratexias de acceso ao mercado multilateral e constitución de consorcios", tivo lugar o 18 de setembro con formato híbrido: presencialmente no Salón Galicia da CEG en Santiago de Compostela e de maneira virtual.
Para a organización deste primeiro taller contouse con Javier Vallejo Poza, consultor con máis de 20 anos de experiencia en internacionalización empresarial no ámbito dos proxectos de asistencia técnica internacional e de cooperación ao desenvolvemento.
A xornada estivo dirixida a todas as empresas do tecido empresarial galego interesadas en incluír a internacionalización multilateral como parte da súa estratexia empresarial. Os asistentes puideron coñecer de primeira mano ferramentas crave para participar en licitacións internacionais. Cun enfoque práctico, abordáronse estratexias para identificar socios, estruturar consorcios e asegurar o éxito en proxectos internacionais.
En concreto, as empresas adquiriron coñecementos tales como:
Contexto das licitacións internacionais
O primeiro paso cara a unha participación efectiva en licitacións internaciones é comprender a contorna no que operan. Estas licitacións son financiadas por organizacións como a Unión Europea ou Nacións Unidas, que priorizan sectores como a innovación, sustentabilidade, infraestrutura e dixitalización. É clave identificar estas prioridades estratéxicas. Para iso, é esencial entender as fases do proxecto, desde a proposta até a adxudicación, e coñecer as normativas vixentes. Ademais, as licitacións adoitan requirir consorcios multinacionais, o que implica un enfoque global, adaptarse a diferentes marcos legais e culturas empresariais.
Estratexia de internacionalización multilateral
Unha vez entendido o contexto, a empresa debe desenvolver unha estratexia de internacionalización efectiva, que inclúe:
Realizar un diagnóstico das capacidades e limitacións da empresa fronte ás esixencias da convocatoria.
Definir obxectivos estratéxicos claros como crecemento ou expansión.
Formar un equipo especializado en licitacións, con roles definidos. Garantir o cumprimento de requisitos legais e financeiros.
Incorporar profesionais con experiencia nas áreas específicas do proxecto ou buscar expertos externos se é necesario.
Importancia do consorcio en licitacións internacionais
Una das particularidades das licitacións internacionais, e que desde SALT promovemos sobre todo en empresas que non teñen experiencia previa, é a figura do consorcio xa que os beneficios que pode reportar á empresa son grandes, como líder ou socio segundo que caso e dependendo do grao de familiaridade con cada proxecto.
Durante o taller, destacouse que:
O consorcio debe estar formado por socios que acheguen habilidades complementarias.
Os roles e responsabilidades deben ser claros desde o principio.
Garantir que o consorcio cumpra coas normativas dos países involucrados, e cos requisitos do organismo licitador.
Selección de socios adecuados
Cada proxecto ten características particulares, e é crucial definir e atopar os socios adecuados para o mesmo. Por iso, recoméndase analizar as esixencias do proxecto e definir as características que deben ter os socios: sector, tamaño, experiencia previa, capacidade técnica e financeira.
Un consorcio equilibrado inclúe empresas de diferentes países, xerando diversidade e valor engadido. As ferramentas como a plataforma "Funding&Tenders" da UE axudan a identificar socios potenciais. Dende o Servizo de Alertas e Licitacións Internacionais (SALT) tamén apoiamos na procura de socios de internacionais.
Formalización do consorcio
Unha vez identificados os socios potenciais, é necesario levar a cabo un proceso de aproximación e negociación para formalizar a constitución do consorcio. Durante este primeiro taller tamén se traballaron aspectos ligados a contactos iniciais, negociación de roles e responsabilidades de cada un dos socios, preacordos e acordos de confidencialidade e, finalmente, a formalización do consocio.
A pesar de que estes procesos son unha vía de internacionalización para a empresa menos coñecida, esta xornada de formación técnica en licitacións multilaterais que a CEG organizou supuxo unha excelente oportunidade para que as empresas galegas obteñan coñecementos e ferramentas para presentarse a licitacións internacionais con maiores posibilidades de éxito.
Rexístrache na nosa plataforma web SALT e o noso equipo poñerase en contacto contigo.