CEG

 

O sector do xogo privado presencial de Galicia analiza a súa situación de inquedanza co presidente da CEG

Reunión co sector do xogo privado

O sector do xogo privado presencial galego reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e expúxolle a súa “preocupación” polo escenario de incerteza que se abre #ante a nova  Lei  do  Xogo impulsada por parte da Xunta.

A Asociación Galega de Empresas Operadoras ( AGEO), a Asociación de Bingos de Galicia (ABIGA), e os Grupos  Luckia e  Comar, que representan a práctica totalidade do sector nesta Comunidade, obtiveron o pleno apoio do presidente da CEG #ante a difícil situación que afrontan, agora agravada pola pandemia, que supuxo o peche total da súa actividade na comunidade galega e que pon en serio risco a supervivencia de moitos negocios e empregos. 

Durante unha reunión na sede da patronal, reivindican  unha norma moderna “que sirva para moitos anos e que permita o desenvolvemento económico dos diferentes subsectores da industria do xogo en Galicia” e, neste sentido, expuxeron a súa preocupación pola probable introdución dunha nova oferta de xogo en hostalería que “supoñería a ruptura do  status  quo vixente, que veu funcionando ao longo do tempo e que posibilitou o desenvolvemento dun sector regulado, asentado na sociedade e cunha importante contribución á creación de riqueza e emprego na Comunidade”, mantendo máis de 1.800 postos de traballo directos e numerosos indirectos, en máis de 200 empresas operadoras, a maioría pemes e micropemes;  e que xeraba no escenario previo á pandemia máis de 61 millóns de euros ao ano  en concepto de impostos e tributos ligados ao xogo. 

Respecto diso, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, trasladou todo o seu apoio ao sector nas súas reivindicacións perante esta situación e a petición de axudas e alivios fiscais e tributarios para 2021 para todos os subsectores da industria do xogo privado presencial para facerlle fronte aos peches e restricións de actividade motivados pola pandemia. 

Pola súa banda,  AGEO,  ABIGA,  Luckia e  Comar, agradeceron a Juan Manuel Vieites o seu compromiso nestes momentos co sector, e mostraron a súa satisfacción pola súa recente elección á fronte da patronal galega. 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.