Antonio Fontenla, representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG, celebra a creación da Consellería de Emprego e Igualdade nesta última lexislatura que acaba de botar a andar, así como tamén valora positivamente á persoa elixida para dirixir este departamento, María Jesús Lorenzana, xa que coñece perfectamente os problemas que ten Galicia nestas áreas, recoñecendo así unha aposta clara do novo Goberno por abordar prioritariamente esta problemática.
Podes escoitar a intervención a partir do minuto 26´20´´ neste enlace de A Crónica 14.00 horas de Radio Galega.