CEG

 

O Presidente e os técnicos da CEG manteñen a súa primeira reunión conxunta

Reunión entre o Presidente e os técnicos da CEG

O Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Díaz Barreiros, mantivo esta mañá na sede de Santiago unha primeira reunión cos doce técnicos da institución, co obxectivo de coñecer o funcionamento interno, a actividade e a estrutura dos seus distintos departamentos. 

A partir desta primeira actuación, Díaz Barreiros pretende desenvolver unha serie de iniciativas de importancia para os empresarios -as cales figuraban no seu programa electoral-, como crear a oficina técnica de información sobre os fondos europeos de reactivación económica en convenio con CEOE; colaborar coas demandas urxentes daqueles sectores empresariais que están a atravesar situacións críticas debido aos peches obrigatorios e as restricións impustas en base á normas sanitarias; deseñar medidas fiscais e laborais que beneficien a creación de riqueza e emprego; seguir contribuíndo ao diálogo social e á negociación colectiva; e demandar políticas activas de emprego, plans de igualdade e medidas de conciliación familiar e laboral, entre outras. Esta serie de actuacións levarán a cabo co fin de cumprir co obxectivo principal para o que foi creada a CEG, que non é outro que defender os intereses xerais do sector empresarial galego.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.