O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, alertou esta mañá no Grove da gran ameaza que supón para a economía a persistente tensión inflacionista que prexudica e empobrece ás familias, así como a empresas e os seus traballadores, no marco dun encontro cos representantes das empresas do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizado pola patronal galega e patrocinado por Banco Sabadell.
“Para combater a inflación debemos traballar todos xuntos, a través dese pacto de rendas, a través dun pacto de Estado, que exceda a lexislatura, e no que deberían participar todos os grupos políticos, ou polo menos o principal partido da oposición”, expuxo o presidente da CEOE.
Garamendi tamén se referiu na súa intervención á desafortunada medida do Goberno do establecemento de novos impostos á banca e ás enerxéticas porque non soluciona o problema da inflación, incrementa a inseguridade xurídica e dana a credibilidade de España.
Por último, o presidente da organización empresarial española pediu á Estado “eficiencia en todas as administracións públicas”, como a redución de trabas e solapamentos burocráticos, que poderían implicar un aforro de 60.000 millóns de euros.
Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego e director xeneral adxunto de Banco Sabadell, foi o encargado de presentar ao protagonista do encontro de quen destacou que “é unha desas persoas que axudan; o que -desde as suaves maneiras e as firmes ideas-, trata de achegar para que se siga creando riqueza e postos de traballo polos únicos que saben facelo ben: as empresas e os empresarios”.
“O seu talante é fundamental para que a voz dos empresarios fose e sexa escoitada mesmo nos ambientes menos proclives a pactar, negociar ou debater co empresariado” engadiu.
Pola súa banda, Juan Manuel Vieites, presidente da organización empresarial galega, destacou na súa intervención que “claramente e á parte da circunstancia da inflación desbocada –co dato espacialmente preocupante en Galicia do 11,1% en xuño, case un punto máis que en España co 10,2%-; a incerteza e inestabilidade internacional, a escaseza de materias primas, o prezo do gas, do petróleo e da enerxía, e a inquietude pola conflitividade social condicionarán sen dúbida o devir dos próximos meses”.
Neste sentido lembrou que “estamos e seguiremos traballando en estreita colaboración coa administración nos problemas que coyunturalmente temos encima da mesa como son a necesidade dun pacto de rendas, a modificación da lei de contratos para facer fronte ao incremento de custos, ou a subida do custo da enerxía e do gas”.
Por último, e no compromiso da CEG de incrementar o músculo industrial da comunidade para que pase do 16,8% á contorna do 20% do PIB, a organización empresarial galega seguirá esixindo condicións que contribúan á atracción de investimentos produtivos a Galicia, estas son “un marco xurídico favorable, unha administración moderna e áxil que limite a carga burocrática e os tempos de resposta ás empresas que queiran iniciar ou ampliar unha actividade; un marco fiscal favorable e racional que non disuada aos que queiran instalarse en Galicia ou provoque a marcha dos que xa están; e unha xestión eficaz dos fondos da Unión Europea”.
No encontro participaron representantes das empresas Banco SabadellGallego, Accenture, Civis Global, Congalsa, Fundación Inade, GDoce, Leite Río, Mercadona, Grupo Nogar, Vegalsa e Luckia; os presidentes da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Novoa, e da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, así como o secretario xeral e o conselleiro Delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López e Eduardo Valín, respectivamente; e representantes das patronais integradas como os presidentes de ATA-Galicia, CEGASAL, FEFGA, FEGAXE-AJE Galicia, FEGAM, Rafael Selectos, José Antonio Vázquez Freire, María José García Gómez, Luciano Covelo e Enrique Manzano, respectivamente; a tesoureira de CEGASAL, Silvia Alende; e os secretarios xerais de FEGAPE, CECE-Galicia e a CEP, David Sobral, Antonio Dieter Moure e Jesús Castiñeira, respectivamente.
Tras o encontro, o presidente da CEOE, acompañado do seu homólogo en Galicia, mantivo un encontro institucional co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.