CEG

 

O Instituto de Gobernanza Empresarial e a CEG presentan, en Compostela, a 2ª edición en Galicia do programa "Acreditación Internacional en Consellos de Administración e Bo Goberno"

O Instituto de Gobernanza Empresarial e a CEG presentan, en Compostela, a 2ª edición en Galicia do programa "Acreditación Internacional en Consellos de Administración e Bo Goberno"

O Instituto de Gobernanza Empresarial (IGE), en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), presentan, en Compostela, a segunda edición do programa "Acreditación Internacional en Consellos de Administración e Bo Goberno" en Galicia.

Dende a CEG explican que "este programa é froito do convenio de colaboración, asinado o ano pasado entre ambas as entidades, que ten como obxectivo establecer un marco de accións conxuntas en relación coa gobernanza empresarial, para impulsar a profesionalización da toma de decisións nos órganos de goberno das empresas galegas como ferramenta para garantir a súa sustentabilidade e difundir as mellores prácticas". 

Deste xeito, lembran que "Compostela converteuse na cuarta cidade española onde se imparte o programa de desenvolvemento profesional, que xa conta con 25 edicións, celebrándose tamén actualmente en Madrid, Valencia, Zaragoza, Sevilla e Barcelona e na que participan relatoras de primeiro nivel recoñecidos a nivel nacional e internacional".

O programa está destinado a membros de consellos de administración, consellos de familia e a alta dirección das empresas, facendo especial fincapé na empresa familiar e as PEMES. 

No encontro desta mañá, na sede da CEG, o IGE organizou unha mesa redonda, baixo o título "Gobernanza empresarial e o seu impacto na conta de resultados".

Os protagonistas do evento foron o director territorial en ENCE, Antonio Casal Lago; a CEO de Campomayor, María Caridade García Busto; a directora corporativa de EiDF solar,  María José Herbón Prada; e o vicepresidente senior de TK Elevator, Javier Sesma Sanchez; quen arroxaron luz sobre os diferentes modelos de bo goberno empresarial como factor de éxito na sustentabilidade, perdurabilidad e competitividade das empresas e os seus grupos de interese. Esta mesa de debate foi moderada pola presidenta en Grupo Atlante e coordinadora do Instituto de Gobernanza Empresarial  (IGE) Galicia, Maite Valiño.

Dende IGE Galicia inciden en que "con estes encontros, pretendemos dar a coñecer, compartir e adaptar os modelos de gobernanza a diferentes sectores, tamaños de empresa, ámbitos de madurez, retos e obxectivos esperados".

A apertura da segunda edición do programa "Acreditación Internacional en Consellos de Administración e Bo Goberno" en Galicia terá lugar o 6 de xuño 2024.

Máis información: [email protected]

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.