CEG

 

Juan Manuel Vieites recibe o galardón honorífico dos Premios Galicia Alimentación 2022 de Clusaga

Premio Clusaga
Premio Clusaga

Juan Manuel Vieites, actual presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), recibiu esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago o premio honorífico dos Premios Galicia Alimentación 2022 da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) pola súa contribución como socio fundador desta organización e o seu inxente labor impulsando a I+D+i no sector alimentario galego -en particular no complexo mar industria-, a través do seu cargo como secretario xeral de Anfaco-Cecopesca durante os últimos 31 anos, función da que se despediu o pasado mes de maio, e vinculado ao sector mar alimentario de Galicia durante os últimos 42 anos.
Vieites recibiu o galardón de mans da conselleira do Mar, Rosa Quintana, e durante a súa intervención destacou “o orgullo e privilexio que lle supoñía traballar de xeito conxunto co Clusaga desde a súa creación”, e agradeceu á Xunta Directiva da Agrupación industrial a concesión da distinción.
Ademais, insistiu no desempeño do “traballo en equipo con implicación e profesionalidade como valores que teñen que persistir no Clusaga do futuro" e animounos a “buscar novas oportunidades para crecer e alcanzar unha mellor economía - moderna e cohesionada, incrementando o valor engadido-“, “un reto que debe ser compartido por Administración, axentes económicos e sociedade civil, desde a competitividade e a diversificación”.

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.