A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), CEOE Castela e León (CEOE-CYL), a Federación Asturiana de Empresarios (FADE) e a Federación Leonesa de Empresarios (FELE) volveron escenificar esta mañá a unidade empresarial de acción no marco do “Encontro para a Reactivación do Noroeste. Solucións conxuntas a desafíos comúns” celebrado na capital galega, acto no que Juan Manuel Vieites, presidente da CEG leu publicamente a “Declaración de Santiago de Compostela”, un documento subscrito polas mencionadas patronais do Noroeste para reivindicar ao Goberno de España un compromiso firme coa cohesión e vertebración territorial do Noroeste da Península Ibérica a través do impulso definitivo das infraestruturas de transporte adecuadas que nos permitan ser un nodo de conexión intercontinental.
Segundo as organizacións empresariais do Noroeste “a nosa situación periférica, o envellecemento da poboación e a delicada situación demográfica que iso conleva, xunto con outras circunstancias que compartimos co resto de España, como o sistema fiscal ou a elevada carga burocrática á que sometemos ás nosas empresas, ponnos nunha situación difícil para dinamizar as nosas economías, atraer talento e investimento e ser competitivos na Unión Europea e no resto do mundo”.
Pero a situación xeográfica periférica podería converterse nunha vantaxes se dispoñemos desas infraestruturas de transporte adecuadas, se os nosos territorios incorpóranse aos eixos prioritarios de transporte da Unión Europea sen máis demora como un obxectivo de primeiro nivel, tanto no ámbito español como comunitario.
Segundo as organizacións empresariais do Noroeste “os nosos territorios deben integrarse plenamente no trazado do Corredor Atla´ntico e as súas infraestruturas formar parte da rede básica na planificación de lUE. O desenvolvemento do citado Corredor Atlántico de Mercadorías debe ser incluído na planificación dos mecanismos europeos que permiten o seu financiamento e execución de aquí a 2030, incluído o Mecanismo Conectar Europa e os Fondos Next GenerationEU.
Tamén é preciso contar o ants posible cun Plan Director e un Comisionado do Goberno para o devandito eixo ferroviario para definir o máis axiña posible as infraestruturas e trazados para a vertebración territorial do Noreoste, sen descoidar a necesaria intermodalidad e en particular a conexión con portos, nodos loxísticos e aeroportos.
Por último as patronais subscribiron a reivindicación de incorporar o Noroeste no mapa de autoestradas ferroviariras deseñadas polo Executivo central e en particular á iniciativa “Mercadorías 30”.
Compromiso Goberno de España
Pola súa banda, a secretaria de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Beira, confirmou durante a súa intervención “a paridade de investimento no impulso do Corredor Mediterráneo e o Atlántico cunha partida total nos Orzamentos Xerais do Estado do 2023 de 3.343 millóns de euros distribuídos en 1.695 millóns para o primeiro eixo e 1.648 para o segundo”; un compromiso gobernamental que se sumou ao de “querer nomear un Comisionado do Corredor Atlántico antes de que acabe a lexislatura pero a condición de que se poida asegurar que o perfil elixido sexa o perfecto para cumprir escrupulosamente coas condicións esixidas”. Por último Pardo de Beira púxose ao dispor dos empresarios para reforzar a comunicación, á vez que lles convidou a participar na planificación ferroviaria.
A inauguración deste foro público privado tamén contou coa intervención da conselleira de Infraestruturas , Ethel Vázquez Mourelle; e do alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, á que seguiu unha mesa redonda na que a que participaron os representantes das patronais do Noroeste Juan Manuel Vieites, Santiago Aparicio, María Calvo e Javier Morán, presidentes da CEG, CEOE-CYL e FADE e vicepresidente de FELE, respectivamente, para abordar os desafíos económicos e empresariais que comparten as tres comunidades.