CEG

 

Arranca a votación telemática das eleccións á Presidencia da CEG

O candidato Juan Manuel Vieites

Desde hoxe ás 09.00 horas ata mañá ás 19.00 horas, os vogais que forman parte da Asemblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) poderán exercer o seu voto telemático á elección á súa Presidencia.

A Asemblea Electoral, que se celebrará o vindeiro xoves -día 21 de xaneiro- de forma presencial, será a outra ocasión que teñan os votantes para exercer o seu dereito a partir das 12.00 horas en segunda convocatoria. Juan Manuel Vieites, secretario xeral de Anfaco- Cecopesca, é o único candidato que presentou a súa proposta.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.