CEG

 

Aprobadas por unha ampla maioría as contas da CEG

Contas CEG

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) aprobou esta mañá en Asemblea Xeral e por unha ampla maioría as Contas anuais dos exercicios 2018 e 2019.

A seguinte cita deste órgano directivo da patronal galega terá lugar o próximo día 24 de novembro co único asunto da orde do día da elección á súa Presidencia, podéndose presentar candidaturas ata o día 17 dese mes ás 12.00 horas. Durante o encontro celebrado esta mañá tamén se aprobou que a Asemblea Xeral Electoral sexa celebrada de forma telemática.

Para a celebración da mesma e no que respecta a as propostas para a elección, unicamente poderán ser presentadas polas súas organizacións integradas -confederacións provinciais ou asociacións sectoriais-, permitíndose a cada organización presentar unha soa candidatura, que ha de ser presentada no rexistro de entrada da devandita organización situada en Santiago de Compostela. Ademais, o aspirante deberá ser membro da Asemblea Xeral da CEG. Así o recollen os Estatutos da mesma.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.