Antonio Fontenla Ramil interveu esta mañá no programa “Galicia por Diante”, de Radio Galega, para falar, entre outros asuntos, do pacto entre PSOE e Unidas Podemos e EH Bildu para derrogar a reforma laboral a cambio da abstención deste último partido na votación da prórroga do estado de alarma levada a cabo a semana pasada, así como das posteriores declaracións de onte na Comisión de Traballo do Senado da ministra deste departamento, Yolanda Díaz.
O representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG declarou respecto diso que o Goberno está a actuar sen luz e taquígrafos xa que de súpeto por un pacto político sobre se dura máis ou menos o estado de alarma fanse concesións moi importantes que non son de recibo. Non hai que esquecer que á parte da grave pandemia que temos, tamén nos enfrontamos a un desastre económico que imos ter que afrontar de forma inmediata porque o país está abocado a poder acabar o ano co 20% de parados.
Ademais, hai que ter en conta que cando se produciu este feito, Europa acabábanos de dicir que o fundamento da recuperación a medio prazo da economía europea e de España estaba precisamente na flexibilización das condicións laborais e no apoio aos interlocutores sociais.A perda de confianza empresarial nacional e internacional provoca que moitos investimentos que se podían levar a cabo e que ían ser moi necesarias para saír desta situación poidan perderse. Tampouco se que lle imos a dicir á Unión Europea, á OCDE, ao FMI…, etc, cando estamos a facer xusto o contrario do que nos din e xusto cando imos ter que pedir fondos europeos. Houbo anos nos que se crearon 500.000 empregos con esta reforma laboral que se quere eliminar nestes momentos.
Por último, Fontenla Ramil referiuse a que non se entende que se estea falando de que a renda mínima vital poida chegar ata 1.050 euros; xa que se sabemos que o salario mínimo interprofesional son 1.050 euros tamén para que vou buscar traballo? Está a mesturarse o tema social co económico. Aínda que o ámbito social é moi importante obviamente, e todo o mundo ten dereito a ter un posto de traballo digno, pero se o que estamos a facer é destruílos, non parece que se estean facendo ben as cousas.
Escoita a entrevista enteira aquí. A partir do minuto 26.