A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) quere deixar constancia a través deste comunicado da profunda consternación polo falecemento, esta madrugada, de Manuel Jove -impulsor de grandes compañías como Fadesa e presidente, nestes momentos, do seu proxecto multilineal Inveravante -, e trasladar o seu máis sentido pésame e agarimo á súa familia e achegados. Jove, oriúndo da Coruña, foi un referente da construción, primeiro en Galicia, e máis tarde en España cando fundou Fadesa, unha inmobiliaria que se chegou a converter no maior grupo independente neste sector en España.
Ocupou o cargo de presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña - organización integrada na Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)-, e era membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España. Na actualidade presidía Inveravante, que integra distintas liñas de negocio, desde a xestión hostaleira e do chan, ata investimentos financeiros e no sector da alimentación e enerxético e que está presente en España, Marrocos, México, Brasil, Panamá, República Dominicana e Romanía.
Na actualidade presidía Inveravante, que integra distintas liñas de negocio, desde a xestión hostaleira e do chan, ata investimentos financeiros e no sector da alimentación e enerxético e que está presente en España, Marrocos, México, Brasil, Panamá, República Dominicana e Romanía.
Pero o embaixador do ladrillo coruñés era, ademais dun gran defensor da súa cidade –da que nunca se foi-, un auténtico comprometido coa infancia e a inclusión. Proba diso foi a creación, en 2005, da Fundación María José Jove, a favor de ambas as causas, e por mor da morte da súa filla maior.