CEG

 

A Confederación de Empresarios de Galicia conmemora o 40º aniversario da súa constitución

Acto 40º aniversario CEG
Acto 40º aniversario CEG
Acto 40º aniversario CEG

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a celebración do 40º aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) cun acto institucional ao que asistiron máis de 250 persoas -entre autoridades, co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; os conselleiros de Cultura,  Emprego e  Igualdade, Medio Rural e Mar, Román Rodríguez González, María Jesús Lorenzana, José González Vázquez e Rosa María Quintana Carballo, respectivamente, e entre outros; e representantes empresariais e sociais de Galicia e España, cos presidentes de  CEOE,  CEPYME, ATA, das catro organizacións empresariais provinciais CEC,  CEL,  CEO e CEP e de ABANCA, Antonio  Garamendi, Gerardo  Cuerva, Lorenzo Amor, Antonio Fontenla, Eduardo  Valín, Marisol Nóvoa, Jorge  Cebreiros e Juan Carlos Escotet, respectivamente e entre outros-, e posterior xantar presidido pola súa Maxestade o Rey, Felipe VI.

O acto serviu para facer un balance das catro décadas de historia da confederación -no que o apoio ao empresario e a creación de emprego foron os seus principais baluartes-; pero tamén para analizar a conxuntura económica actual e os retos de futuro para as empresas galegas, inmersas en pleno proceso de recuperación económica tras a crise derivada do Covid-19.

Así, Juan Manuel Vieites, presidente da CEG, considera “clave colocar ás compañías no centro das políticas de recuperación,  máxime cando as esixencias de  Sostenibilidd, Dixitalización e un paradigma que sitúa ás persoas no centro precipítannos a un cambio de escenario económico, laboral e social”. Para iso “é preciso negociar e alcanzar acordos que respondan á realidade  socieconómica e apostar pola colaboración público-privada para impulsar o sistema produtivo”.

Ademais, durante a súa intervención, Vieites apelou á necesidade de contar cuns “Orzamentos Xerais do Estado rigorosos, non  ideologizados” que se centren en favorecer a recuperación económica na que estamos inmersos. “Non hai lugar para o aumento  discrecional da presión fiscal nin da creación de novos impostos”, engadiu.

O presidente da CEG tamén pediu “que se aborde con responsabilidade a reforma laboral”, convencido de que poderá mellorar aspectos para as empresas e as persoas traballadoras, pero que “non deberá afectar a aquelas cuestións que nos posibilitaron saír da crise anterior, manter o emprego e que contribuirán á definitiva recuperación económica que todos desexamos”. Sobre a reforma laboral tamén se manifestou Antonio  Garamendi, presidente de  CEOE, que considera que non se poden levar a cabo reformas que vaian en contra da competitividade de España”.

Noutra orde de cousas,  Garamendi reivindicou a “a Coroa como pedra angular das nosas institucións, co Rey como o noso mellor embaixador”.

Pola súa banda, Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, expuxo durante a súa intervención que a colaboración, as alianzas, o diálogo social, a creación de redes produtivas e de solidariedade, constituíronse en bens de utilidade incalculable. Por iso, para  Escotet a Confederación de Empresarios de Galicia será a futuro cada vez máis estratéxica e beneficiosa porque “as organizacións empresariais están chamadas a intensificar a súa presenza pública”.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,  Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, apelou, no marco da súa intervención, á oportunidade única que supoñen os fondos europeos para Galicia e que se deben utilizar para poñer en marcha reformas que multipliquen os seus efectos.

Finalmente, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, encargado de clausurar o acto, destacou as cuestións positivas extraídas  da pandemia e das que sempre debemos aprender como “o esforzo e a solidariedade para buscar solucións” ou “a activación e aceleración de cambios que xa estaban aquí como son a dixitalización e as novas tecnoloxías” e que chegan para mellora das nosas vidas.

Xantar conmemorativo presidido polo Rey

Antes de dar comezo o Xantar presidido por Felipe VI, Vieites Baptista de Sousa agradeceu ao monarca a súa presenza na efeméride, destacando o “aval e respaldo incondicional da Monarquía ás marcas e empresas galegas e españolas, impulsando a súa modernización e internacionalización e resultando sempre defensora e embaixadora dos intereses empresariais”.

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, destacou no seu discurso o valor incalculable das “organizacións empresariais fortes e cohesionadas”, e animou a “impulsar desde o Diálogo Social empresas máis produtivas, traballos menos precarios e unha sociedade máis próspera”.

Pola súa banda Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, resaltou o valor da Galicia empresarial, que se adapta aos cambios para medirse cos mellores. Así, puxo o exemplo do sector do automóbil, xa que “a nosa comunidade é a primeira en España en produción de coches e atópase entre as dez primeiras rexións de Europa”.

Finalmente, o Rey destacou o papel fundamental que han  detentado os emprendedores galegos na confección da Galicia de hoxe. E é que “ademais de establecer un marco de convivencia acorde cos valores humanos esenciais –expuxo o monarca-, canalizar as discrepancias e propiciar os acordos, os sistemas democráticos activan a creatividade humana en todas as ordes, incluíndo o empresarial. E a Galicia actual é unha boa proba de iso”.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.