CEG

 

A CEG valora como positivas as medidas da Xunta para anticipar os pagos dos ERTES e para posibilitar o acceso a financiación de empresas e autónomos

Necesidade de liquidez

Está claro que os atrasos nos pagos das prestacións aos traballadores afectados polos  ERTE son unha realidade que mantén nunha situación moi complicada a miles de empregados. Pero a CEG valora de forma positiva a medida posta en marcha polo goberno autonómico para axilizar o acceso a uns ingresos tan necesarios nestes momentos. Así, a Xunta de Galicia chegou a un acordo con entidades financeiras para adiantar os salarios aos máis de 200.000 galegos afectados por un Expediente de Regulación de Emprego Temporal a través dun aval total de 1.500 euros por traballador cun tope mensual de 750 euros, e así se nos comunicou o pasado mércores nunha reunión dentro do marco do Diálogo Social.

Como ademais estamos a demandar que se manteñan estes  ERTES máis aló do límite temporal do estado de alarma, é de vital importancia conseguir esa axilidade no pago ás persoas traballadoras afectadas polo mesmo.

Doutra banda, a liquidez é fundamental nestes momentos, así que a CEG considera que é necesario axilizar os créditos e seguir incrementando as liñas de avais; ademais de valorar o reforzo das liñas de aval do  ICO con outras liñas de  reaval, como as que puxo en marcha o Executivo autonómico a través de sociedades de garantía  recíproca, e que permiten que accedan a financiamento pequenas empresas e autónomos, ás que doutra maneira foilles moi complicado.


  

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.