CEG

 

A CEG, como membro da EEN e en colaboración co Erciyes Teknopark (EEN Turquía) organiza unha visita comercial intersectorial a Kayseri

A CEG, como membro da EEN e en colaboración co Erciyes Teknopark (EEN Turquía) organiza unha visita comercial intersectorial a Kayseri

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) como membro da Enterprise Europe Network e en colaboración co Erciyes Teknopark (EEN Turquía) organiza unha visita comercial intersectorial a Kayseri, do 5 ao 9 de maio de 2024.

Desde a CEG detallan que a cidade de Kayseri está situada na rexión de Capadocia. É centro industrial e de comercio da rexión de Anatolia. A cidade ten tres zonas industriais Incesu, Mimsin e Kayseri OIZ e destaca no sector industrial/produción de maquinaria, o sector IT/software/electrónica e o biotecnológico/pharma/tecnoloxía médica. Tamén teñen tradición na fabricación de baterías, celas, cableado e mobiliario, entre outros.

En canto aos sectores de oportunidade para a exportación de empresas galegas, dende a entidade empresarial explican que "as exportacións de Galicia a Turquía foron en aumento nos últimos anos, chegando case a duplicar as cifras no ano 2023 (datos provisionais), con respecto ao ano anterior".

A industria do automóbil e as súas actividades conexas representan o principal sector exportador en Galicia, sendo tamén moi relevantes os intercambios comerciais relacionados co sector téxtil. A exportación de aparellos e material eléctrico ou de máquinas e aparellos mecánicos con destino Turquía foron cobrando protagonismo nos últimos anos, así como o comercio de produtos químicos. Destaca tamén notablemente a exportación de produtos derivados do procesado de peixes, crustáceos e mariscos.

Por outra banda, sobre os sectores de oportunidade para o aprovisionamento de empresas galegas, están a industria téxtil, aprovisionándose principalmente de pezas de vestir, fibras e filamentos sintéticos e algodón. Destaca tamén a importación de vehículos automóbiles, aparellos e material eléctrico, así como metais comúns e as súas manufacturas, concretamente manufacturas de fundición.

"As misións comerciais son mecanismos modernos para penetrar en mercados estranxeiros, permitindo ás empresas expandir o seu alcance xeográfico e explorar oportunidades en rexións descoñecidas. Facilitan o establecemento de conexións comerciais valiosas ao propiciar encontros directos entre empresas e posibles socios locais. Isto fortalece as relacións comerciais e a rede de contactos empresariais. Son unha plataforma para iniciar novos proxectos e transaccións comerciais, xa que permiten presentar produtos e servizos a un público obxectivo específico, xerando interese e oportunidades de negocio", sinalan desde a Confederación.

Así mesmo, engaden que o obxectivo desta misión "é concretar acordos comerciais, o que pode incluír a firma de contratos e a concreción de transaccións comerciais directas. En xeral, as misións comerciais buscan expandir os mercados exteriores, fomentando o crecemento internacional das empresas participantes. E proporcionan unha contorna propicia para explorar oportunidades de negocios, analizar a competencia e avaliar a demanda de produtos ou servizos nos mercados obxectivo. As misións comerciais son estratexias empresariais fundamentais que facilitan a expansión internacional, o establecemento de relacións comerciais sólidas e a exploración de novas oportunidades de negocio", finalizan.

A CEG informa que a participación a este evento está aberta a todas as empresas, sendo o prazo límite para a inscrición, o martes 30 de xaneiro de 2024.

Se queres participar, escríbenos a euroinfo@ceg.es ou chámanos ao teléfono da CEG +34 981 555 888.

Programa y condiciones - Misión comercial Turquía.pdf

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.