CEG

 

A CEG celebra o xoves un webinar sobre mobilidade e servizos na UE

Mobilidade Transfronteiriza

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrará este xoves, día 19 de novembro, un  webinar gratuíto sobre mobilidade e servizos na Unión Europea con especial atención aos tres seguintes temas: traballadores desprazados no marco de prestacións  transnacionales de servizos; transporte por estrada: aproximación ao paquete de mobilidade; e mobilidade laboral europea na era dixital.

A acción da Unión Europea na configuración e regulación de diferentes ámbitos e políticas afectan á mobilidade de traballadores e empresas e á libre circulación de persoas, bens, capitais e servizos ao longo dos Estados membros que a compoñen.

Así é que o seminario proposto, que discorrerá entre as 09.30 e as 12.30 horas, abordará no bloque inicial o novo marco que vén para o desprazamento de traballadores, tanto en xeral como as especificidades para as empresas e traballadores do transporte. E expoñerase despois o estado dos traballos e as liñas de acción que desde Bruxelas están a deseñar para dar resposta á transformación dixital que está a modificar notablemente a prestación de servizos e a súa repercusión na mobilidade física ou virtual tanto de empresas como de traballadores.

Os expertos nas materias comentadas Javier  Gárate Castro, Patricia  Cirez  Miqueleiz e José Antonio Magdalena Anda serán os relatores.

A actividade realizarase a través da plataforma  ZOOM e para participar é necesario inscribirse na ligazón correspondente da mesma no noso blogue  EURES.

 
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.