CEG

 

7 de setembro, data tope para solicitar as axudas do Programa de formación dixital para desempregados maiores de 45 anos

Formación para desempregados

O prazo para solicitar as axudas do novo programa da Xunta de formación dixital, dirixido a desempregados de longa duración maiores de 45 anos, continúa aberto ata o próximo 7 de setembro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca con esta iniciativa dar resposta aos compromisos adquiridos dentro dos Acordos do Diálogo Social asinados en decembro entre o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, a CEG e os sindicatos CCOO e UGT co obxectivo de poñer en marcha un plan de recualificación profesional que favoreza a incorporación ao mercado laboral das persoas que, pola súa idade, teñen máis dificultades para atopar un posto de traballo.

O programa conta cun orzamento de 500.000 euros e está orientado á impartición de cursos de formación de 70 horas de duración distribuídas ao longo de tres semanas e cun número máximo de 10 alumnos por edición. As axudas están dirixidas a empresas con experiencia no ámbito da formación e, posteriormente, seleccionaranse as persoas participantes a través do Portal de Emprego de Galicia e das oficinas de emprego. A previsión é chegar a 17 empresas beneficiarias que poderían ofrecer formación a un total de 600 persoas.

Consulta a información completa aquí.

 

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.