O proxecto transfronteirizo BID4TENDERS ten como obxectivo apoiar e capacitar ás empresas, especialmente ás pemes, para a contratación pública como medio para aumentar a innovación, fortalecer a cooperación transfronteiriza e establecer novos negocios. Será a través do apoio de proximidade e dunha plataforma dixital como se salvarán as barreiras que actualmente se atopan as empresas no acceso ás oportunidades que presenta a contratación pública.
É unha iniciativa da AEP (Asociación Empresarial Portuguesa) en colaboración coa CEG (Confederación de Empresarios de Galicia), CEVAL (Confederación Empresarial do Alto Miño), IAPMEI (Instituto de Apoio á Pequena e Mediana Empresa e a Innovación) e IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), no marco do Programa de Cooperación Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
2 de febreiro de 2024
15:00 (ES) | 14:00 (PT)
Edificio de servizos da AEP (Leça da Palmeira)
Pode consultar o programa e formalizar a súa inscrición aquí