Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia, para a realización e execución dos traballos do Proxecto GEM en España a nivel rexional, concretamente en Galicia, durante ou ano 2024.
Partes asinantes:
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia.
Obxecto:
O obxecto xeral do convenio é a colaboración para a realización e execución dos traballos do Proxecto GEM en España a nivel rexional, concretamente en Galicia, durante ou ano 2024. Estes traballos son:
- Enquisa á poboación adulta (APS), Adult Population Survey, de acordo coa metodoloxía GEM durante o ano 2024.
- Entrevistas a expertos (NES), National Expert Survey, de acordo coa metodoloxía GEM durante o ano 2024.
- Redacción, edición, presentación pública e difusión do Informe rexional 2023-2024.
En particular, a CEG responsabilizarase da organización do acto de presentación pública do Informe GEM Galicia 2023-2024, da selección de colaboradores e participantes no mesmo, de darlle difusión vía streaming ao acto de presentación e de favorecer a realización dunha actividadede networking asociada á presentación dos resultados.
Prazo de duración:
01.01.2024 - 31.12.2024
Obrigados á realización das prestacións:
• CEG e USC: realización das accións.
• Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: pago da axuda.
Obrigación económica convida:
3.000,00€