Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da CEG queremos sumarnos á conmemoración deste día, no que as mulleres, a nivel mundial (e desde a súa instauración por Nacións Unidas en 1975) únense para celebrar xuntas a loita en prol da igualdade, a xustiza, o desenvolvemento e a paz.
Porque todas e todos debemos colaborar para que as mulleres acaden a súa participación, (en pé de igualdade cos homes), na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoas.
E para que sexa posible, o impulso da igualdade real dende o ámbito laboral é fundamental.
Bo día para todas!
[email protected]
981 555 888