CEG

 

Xornada sobre Economía Circular

Xornada de Economía Circular
Xornada de Economía Circular
Xornada de Economía Circular
Xornada de Economía Circular

A Confederación de Empresarios de Galicia celebrou esta mañá a xornada “Economía Circular: crecemento e emprego en Galicia e Norte de Portugal”, organizada polas Redes de Información Europea en Galicia e Norte de Portugal Europe Direct, Interprise Europe Network, Eures, Eurodesk, Team Europe e a propia CEG -con motivo da conmemoración do Día de Europa-, e co obxectivo de crear un foro de intercambio de experiencias e boas prácticas neste ámbito.
Durante o desenvolvemento da mesma déronse a coñecer as experiencias dalgunhas empresas líderes en economía circular e cales son as vantaxes económicas desta estratexia de produción. Todos os expertos intervintes na actividade conviron na imperiosa necesidade de implantar estratexias a gran escala de economía circular para que haxa unha perspectiva de futuro para o planeta e as empresas. 

Desenvolvemento das ponencias

Nesta liña, María Inés Trigo, técnica do Ministerio do Mar de Portugal, presentou durante a actividade a Ocean Invest Portugal, unha plataforma online para promocionar os produtos e servizos de innovación da economía azul portuguesa, que están alineados coa Axenda 2020-2030, que integra os obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e que “claramente vai na liña dos principios da economía circular como son que o desperdicio final será o mínimo indispensable, o aproveitamento de recursos ou a introdución na cadea produtiva dun novo valor pola reorganización de novos produtos”.
Pola súa banda, Manuel París, membro da Axencia Galega de Innovación (GAIN), explicou en que consiste o proxecto C-Voucher, que pretende axudar a mellorar o rendemento das pymes mediante a introdución de criterios de economía circular. Este programa, no que pode participar calquer pequena ou mediana empresa europea, concede axudas tanto monetarias como técnicas para proxectos en saúde, mar, téxtil, agroalimentación e fabricación.
Alba Nogueira, catedrática de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), reivindicou, durante a súa intervención, o papel determinante que xogan os poderes públicos a través de incentivos para andar cara un planeta sostible sustentado nunha economía circular. “As políticas de innovación da administración teñen que estar visualizando cales son esas futuras áreas de negocio nas que os recursos se estén continuamente aproveitando e que as empresas galegas sexan as primeiras en estar ahí”, declarou a catedrática.
De todos os xeitos, e enlazando con isto último, Alba Nogueira lamentou que aínda non haxa regulamento específico de economía circular nin en España nin en Galicia –“aínda seguimos esperando pola Estratexia Galega de Economía Circular, aínda que si temos normativa en residuos”, apuntou-, e destacou os casos de Holanda e Dinamarca como países moi avanzados nesta estratexia de produción.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.