O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, mantivo esta mañá un encontro con representantes da Xunta Directiva de DIRCOM Galicia -coa súa presidenta, Tesa Díaz- Faes á cabeza-, co obxectivo de colaborar na organización de actuacións que poñan en valor o papel da comunicación nas empresas.