CEG

 

CEG, FADE e FELE esixen aos futuros gobernos un compromiso claro coa cohesión territorial do noroeste a través do desenvolvemento definitivo do Corredor Atlántico

CEG, FADE e FELE esixen aos futuros gobernos un compromiso claro coa cohesión territorial do noroeste a través do desenvolvemento definitivo do Corredor Atlántico

CEG (Confederación de Empresarios de Galicia), FADE (Federación Asturiana de Empresarios) e FELE (Federación Leonesa de Empresarios) volveron a escenificar esta mañá a unidade empresarial para reivindicar aos futuros gobernos, aproveitando a próxima cita electoral, un compromiso firme coa cohesión e vertebración territorial do noroeste da Península Ibérica a través do impulso definitivo das infraestruturas.

Ese foi o principal obxectivo marcado baixo o marco da reunión empresarial "O que nos une", celebrada esta mañá en León. Pero tamén este encontro serviu para dar maior visibilidade ás reivindicacións deste tres organizacións empresariais como son as de combater o despoboamento a través dunha rede de infraestruturas dignas, posicional ao noroeste como un territorio competitivo capaz de atraer investimento e configuralo como nodo de conexión intercontinental, considerando a posición geoestratégica destes territorios.

Demandas que continúan sen ser atendidas e por iso a oportunidade desta reunión. "É un bo momento para trasladar as nosas reivindicacións e preocupación por como se van a desenvolver as actuacións do Plan Director do Corredor Atlántico e porque é agora cando hai que plasmar as promesas en feitos", defendeu o presidente de FELE, Juan María Vallejo.

María Calvo, presidenta de FADE facía referencia aos avances conseguidos polas organizacións empresariais do noroeste. "Por fin temos un Comisionado, un Plan Director, puxemos o termo noroeste no mapa e, sobre todo, no ministerio. É importante que non se perda este pulso e que as demandas se plasmen nese plan con concreción, prazos e orzamento; é imprescindible para combater a crise demográfica".

Para que esas demandas sexan escoitadas, o presidente de CEG, Juan Vieites, reclamaba consenso cos territorios do noroeste nas actuacións para o Plan Director. "Necesitamos unha interlocución directa, permanente e construtiva, tamén coa Unión Europea para non quedarnos á marxe. Imos estar moi encima das administracións para colocar ao noroeste como un territorio competitivo e configuralo como nodo de conexión intercontinental?".

Ademais da aposta polas infraestruturas, os empresarios expoñen unha batería de propostas para estes territorios que van desde incentivos ao emprendimiento ao establecemento de novas empresas especialmente na contorna rural, discriminación fiscal positiva, unha estratexia turística común aos territorios do noroeste, estratexias que axuden a fixar poboación ou a apertura de vías directas de interlocución coas institucións europeas.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.