CEG

 

As patronais do Noroeste condean formalmente a exclusión de Asturias, Galicia e León dos eixos prioritarios de transporte da Unión Europea

Patronais do Noroeste
Patronais do Noroeste

A unión empresarial formada por CEG, FADE e FELE reitera a oportunidade e pertinencia de incluír os seus territorios no trazado do Corredor Atlántico, de forma que as infraestruturas non cualificadas como rede básica pola Unión Europea sexan incluídas como tal na planificación comunitaria. As patronais instan o Goberno a cualificar como eixo prioritario os trazados do Noroeste co obxectivo de que estes poidan optar ao financiamento europeo que permita axilizar uns investimentos que se están postergando de maneira inadmisible.

España e as rexións do seu Noroeste poden beneficiarse do Mecanismo Conectar Europa (MCE) 2021-2027, dotado con 25.810 millóns de euros. Para iso, é un requisito ineludible que o Ministerio de Transportes presente os proxectos ás convocatorias. De pretenderse realmente desenvolver o Corredor Atlántico é necesario tanto acoutar a súa definición final como planificar a súa execución con datas e compromisos concretos. As actuacións financiadas co devandito mecanismo deben estar finalizadas en 2030.

A ollos das patronais do Noroeste, os criterios de repartición dos fondos europeos deben aplicarse sen desvirtuarse. Tal e como recomendan as institucións comunitarias, os fondos deben aplicarse cunha vontade de cohesión territorial. Cada ano que se atrasa o proxecto, as rexións do Noroeste agravan o seu illamento á vez que outras prosperan nun mundo cada vez mellor conectado.

As tres organizacións empresariais reclaman unha interlocución directa co Ministerio de Transportes a fin de coñecer o estado real dos proxectos e a vontade do Goberno de España de defender os intereses do Noroeste en Bruxelas.
 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.