A CEG adhírese ao “Compromiso empresarial para unha transición xusta e empregos verdes dignos” que colidera España con Perú no Cume sobre Acción Climática da ONU que se celebra hoxe en Nova York.
A acción correspóndese co primeiro paso dado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e a CEOE por mor da súa promesa conxunta de traballar na iniciativa “Avanzando nunha transición xusta e na creación de empregos verdes para todos”, no que se expuxo a adhesión de empresas e asociacións ao mencionado compromiso co obxectivo de que os empregos da economía descarbonizada cumpran con condicións laborais dignas. As empresas asinantes comprométense a respectar estes dereitos para os traballadores e a iniciar un proceso para garantir a mesma obrigación por parte dos contratistas.
Cume sobre Acción Climática
España liderou xunto a Perú os traballos preparatorios do Cume en relación cos impulsores sociais e políticos da loita contra o cambio climático, resultando seleccionados os seguintes temas: Clima, calidade do aire e saúde; Transición Xusta e Xénero e Cambio Climático.
En materia de transición xusta, convídase os Estados a elaborar plans nacionais para unha transición xusta con empregos verdes dignos. A transición necesaria para pasar a un modelo económico baixo en emisións debe articular políticas para protexer a aqueles que se verán máis afectados, así como crear empregos verdes a través de medidas como o diálogo social; a avaliación do impacto e o potencial da transición ecolóxica; o desenvolvemento de habilidades para os novos mercados de traballo; políticas de protección dos traballadores e grupos vulnerables afectados pola transición; e o incremento das transferencias de tecnoloxía aos países en desenvolvemento e o impulso aos investimentos en sectores verdes.
A invitación para actuar en transición xusta tamén se fai extensiva ás empresas, xa que construír unha economía con neutralidade climática na segunda metade deste século -como prevé o Acordo de París-, requirirá importantes transformacións tecnolóxicas, sociais e económicas. Débese asegurar que esta transformación leve a cabo no marco dunha transición xusta, onde os empregos, seguindo a terminoloxía acuñada na OIT e Nacións Unidas, sexan verdes, xustos, decentes e inclusivos e que conduza á neutralidade climática, a erradicación da pobreza, a prosperidade e a resiliencia das comunidades. As empresas que se esforzan por traballar neste marco fano co obxectivo de descarbonizar mentres crean empregos verdes e invisten na recapacitación dos traballadores. Desta forma poden incrementar a súa produtividade, mellorar o apoio social e a reputación da marca, e aproveitar as oportunidades comerciais da transición á descarbonización como vantaxe competitiva.
Contido do Compromiso empresarial
"Nós como empresa temos a responsabilidade, xunto co goberno, os investidores e outras partes interesadas de lograr unha transición xusta, ofrecendo unha economía próspera e verde para todos. Como parte desa responsabilidade, debemos garantir que os novos postos de traballo creados nos sectores de baixas emisións sexan empregos xustos, decentes e inclusivos.
Comprometémonos a cumprir cos seguintes estándares con respecto aos nosos propios empregados, e a influír, a través dos nosos procesos de compras, nos nosos contratistas para que tamén cumpran con eles:
• Diálogo social cos traballadores e os seus sindicatos.
• Dereitos dos traballadores, incluídos os estándares fundamentais do traballo da OIT e as normas de saúde e seguridade no traballo da OIT.
• Protección social, incluídas as pensións e a saúde.
• Garantías salariais incluídas as taxas salariais vixentes para os traballadores cualificados nas industrias relevantes.
Tamén nos comprometemos a apoiar aos nosos gobernos nacionais para que se unan á iniciativa "Avanzando nunha transición xusta e creación de empregos verdes para todos para unha acción climática ambiciosa". Alentaremos aos países para apoiar unha transición ecolóxica xusta formulando plans nacionais para unha transición xusta e empregos decentes, na que as empresas teñen un papel importante".