CEG

 

A Confederación de Empresarios de Galicia colabora no Evento “100 Consellos Santander 2022” de Libredón

Firma Convenio de colaboración CEG LIbredón

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) colaborará na difusión do 8º Encontro de Directivos/as Líderes “100 Consellos Santander 2022”, organizado por Libredón, e que se celebrará o próximo día 15 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela), para o que Juan Manuel Vieites, presidente da CEG; e Joaquín Dosil Díaz, presidente de Libredón e director do evento, acaban de asinar un convenio de colaboración.

Segundo Joaquín Dosil, “a implicación da CEG na difusión de 100 Consellos Santander 2022 supón para nós establecer unha alianza estratéxica. Estou especialmente agradecido ao seu presidente –implicado xa en edicións anteriores-, pois o seu apoio á organización está a ser clave”. 

Pola súa banda, Juan Manuel Vieites considera fundamental celebrar encontros de networking empresarial como este, “de referencia en Galicia”, e “que contribúen a potenciar o emprendemento e un óptimo desenvolvemento das compañías”.

 “100 Consellos Santander 2022” mantén un formato moi similar ao das edicións anteriores, nas que 10 relatores do máximo nivel empresarial trasladarán os seus 10 mellores consellos ao redor da súa vida profesional e persoal, buscando compartir aqueles que lles serviran e axudado na súa carreira e facilitado o desenvolvemento das súas empresas. O prazo de inscrición ábrese mañá, a través da páxina web www.100consellos.com.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.