O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co seu homólogo no Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia), Agustín Hernández, na sede da patronal galega co obxectivo de trasladarlle as propostas da organización empresarial galega para mellorar a cogobernanza, e no que incumbe á confección dos seus informes de forma xeral, pero tamén, e concretamente, na Memoria Socioeconómica de Galicia, dada a importancia das consideracións que nela recóllense, e que debe ser un instrumento de alcance, útil e representativo do sentir das organizacións integrantes.
O CES-Galicia é un órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica no que a CEG participa de forma activa para a elaboración dos seus ditames, memorias e informes, así como tamén nas súas actividades de difusión.
Este órgano consultivo é patrimonio de todas as organizacións que o integran e a Confederación de Empresarios de Galicia seguirá colaborando con el co mesmo espírito construtivo co que o veu facendo ata a data.