CEG

 

A CEG organiza unha xornada sobre licitación electrónica

A CEG facilita o acceso das pymes á contratación pública a través dunha xornada sobre licitación electrónica

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, celebra a primeira xornada do ciclo “A nova ley de contratos do sector público” que versou sobre o estado de situación e as principais implicacións da licitación pública electrónica para as pymes. Esta charla foi exposta por Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia; e por Manuel Rodríguez Salgado, analista-programador do Centro Informático para a xestión tributaria, económica-financeira e contable (CIXTEC).

Contratación pública

A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, afectou de forma significativa ás pymes e empresas en xeral e as súas posibilidades de acceder a contratos licitados polas diferentes administracións públicas. A pesar de que un dos obxectivos da nova norma é facilitar a concorrencia aos contratos públicos, a realidade é que deriva nun marco complexo polo que é necesario facilitar o entendemento e acceso das compañías ás licitacións públicas.

Segundo os datos do Observatorio de Contratación Publica, este tipo de contratación representa en termos cuantitativos arredor do 20% do PIB de España. O volume tan relevante dos fondos públicos utilizados, xunto ao carácter necesariamente limitado dos mesmos, ten consecuencias obvias sobre a competencia e a regulación dos mercados.

De ahí a relevancia de dar a coñecer as implicacións da normativa e dos procedementos de licitación electrónica para que as organizacións e empresas galegas non perdan vantaxes competitivas con respecto ás do resto do país.

Con esta xornada inícianse unha serie de accións formativas nas que se irán analizando as cuestións máis relevantes da nova lei como son o regulamento do contrato menor, o contrato aberto simplificado e supersimplificado, as cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública, ou a publicidade e transparencia, entre outras.

O formato é sinxelo, sesións breves nas que, tras unha exposición por parte do equipo técnico dos temas propostos, se poidan propor por parte dos representantes das organizacións e empresas presentes as cuestións ou problemáticas que consideren de interese.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.