A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mantivo un encontro con representantes empresariais e a embaixadora da República de Sudáfrica, Sankie Mthembi-Mahanyele. "Unha excelente oportunidade para coñecer, de primeira man, as prioridades do Goberno de Sudáfrica e as actuais oportunidades de negocio e de investimento que ofrece este país para as empresas galegas".
Na cita estiveron presentes tamén Makwatse Mokgethi, primeira secretaria (Política) e Alicia Segura, asesora da Embaixada de Sudáfrica en Madrid.
Dende a CEG lembran que "todos estes encontros pretenden pór en contacto ao empresariado galego con actores de países de interese para abordar cuestións que fomenten e propicien o comercio exterior para as empresas da nosa rexión e serven de antesala para a procura da internacionalización ou de novos provedores ou interesados na consecución de negocios coas empresas galegas que representamos". Ao longo do ano, a Confederación de Empresarios organizou actividades para coñecer a contorna e posibilidade de negocios entre Galicia e Portugal, Ucraína, Polonia, República Dominicana, Cabo Verde e Cuba.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, detallou que "nos últimos cinco anos (2018-2022), o valor das exportacións galegas a Sudáfrica aumentou nun 66% e o das importacións un 112%. As principais exportacións concéntranse en semimanufacturas, bens de equipo, alimentación e bebidas e sector do automóbil. E as principais importacións proveñen de alimentación e bebidas (destacando produtos do mar) e bens de equipo. Durante todo o ano do 2021 con destino a Sudáfrica, as exportacións realizadas por Galicia alcanzaron os 52.001.070€".
Segundo o directorio de Cámaras máis dunha trintena de empresas galegas mantén negocios de exportación co país africano, entre elas figuran empresas téxtiles, de alimentación, automobilísticas, electrónica, material e montaxes, entre outras.
España e Sudáfrica manteñen relacións diplomáticas desde 1951, aínda que foi tras a liberación de Nelson Mandela en 1990 cando España buscou establecer vínculos institucionais máis intensos. Tanto España como Sudáfrica teñen embaixadas residentes nas súas respectivas capitais.
"Sudáfrica é un dos países máis importantes do continente e a súa activa presenza en diversos foros multilaterais eleva a súa relevancia como interlocutor, especialmente para os asuntos relacionados con África. É considerado un país ancora no III Plan África", explicou.
Na última visita oficial do presidente do Goberno a Sudáfrica, como único país africano no G20, membro de BRICS e actor principal no continente, anunciouse dun paquete financeiro de 2.115 millóns de euros en 5 anos para apoiar e fortalecer a participación española en proxectos de investimento en SA con impacto climático, en particular en materia de enerxías renovables, auga e saneamento sectores nos que as empresas españolas teñen unha forte presenza en SA. Ademais, asináronse 3 MOUs e un acordo entre COFIDES e o IDC, o seu homólogo surafricano.
O comercio de bens entre España e Sudáfrica, principalmente de carácter intraindustrial, coñeceu un sostido crecemento nos últimos anos. No ano 2022, investiuse a balanza, e o saldo comercial foi positivo para Sudáfrica en 99 M€, alcanzándose os 3.230 M€ en intercambios comerciais, superando así a barreira dos 3.000 M€.
Segundo o Observatorio de Complexidade Económica (OEC): En agosto de 2023, España exportou 111M€ e importou 104M€ de Sudáfrica, con un saldo comercial positivo de 7.11 millóns de euros.
As principais exportacións de España cara a Sudáfrica foron coches (13,7M€), vehículos de motor; pezas e accesorios (13,4M€), produtos básicos non especificados noutros... (7,64M€), accesorios de enerxía eléctrica (5,03M€), e medicamentos envasados (2,84M€).
As principais importacións de España cara a Sudáfrica foron camións de entrega (14,8M€), centrifugadoras (11,7M€), ferroalloys (10,1M€), ouro (10,1M€), e filetes de peixe (3,22M€).
En canto á orixe, as exportacións de España foron principalmente de Barcelona, Navarra, Madrid, Valencia e Murcia, mentres que os destinos de importación foron principalmente Madrid, Valencia, e en Galicia a provincia de Pontevedra, por valor de 11M€, e Barcelona.
O incremento nas exportacións anuais de España cara a Sudáfrica son explicadas principalmente por un incremento nas exportacións de coches (8,06M? ou 142%), produtos básicos non especificados (7,08M? ou 1,26%) e accesorios de enerxía eléctrica (3,85M? ou 325%).