CEG

 

A CEG insta a promover a eurorrexión como un polo de atracción de investimentos produtivos e de asentamento da industria 

A CEG insta a promover a eurorrexión como un polo de atracción de investimentos produtivos e de asentamento da industria 
A CEG insta a promover a eurorrexión como un polo de atracción de investimentos produtivos e de asentamento da industria 
A CEG insta a promover a eurorrexión como un polo de atracción de investimentos produtivos e de asentamento da industria 
A CEG insta a promover a eurorrexión como un polo de atracción de investimentos produtivos e de asentamento da industria 

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) participou no XIII Plenario Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, en Matosinhos (Portugal).

Neste foro, o presidente do empresariado galego, Juan Manuel Vieites, asegurou que "é esencial que os gobernos de ambos os países escoiten as voces dos empresarios, quen entenden que unha rexión mellor conectada, tanto a nivel de infraestruturas como a nivel normativo, é unha rexión máis competitiva e preparada para os desafíos do futuro. Só cunha colaboración efectiva e o compromiso de ambas as partes, a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poderá alcanzar todo o seu potencial e consolidarse como un modelo de cooperación transfronteiriza en Europa".

Lembrou que a AECT Galicia Norte de Portugal xoga e debe seguir xogando un papel central na cooperación transfronteiriza e que a CEG está a participar xunto a AEP nun proxecto que ten por obxecto que as pemes da eurorrexión accedan ao mercado das licitacións nacionais, europeas e tamén internacionais e que o fagan cooperando entre elas cando sexa necesario.

"Debemos ver a cooperación como unha oportunidade: A eurorrexión debe ser un polo de atracción de investimentos produtivos. As decisións empresariais non atenden a nacionalidades senón a rendibilidade e a oportunidade. Por iso debemos promover que a eurorrexión sexa unha área de atracción de actividade económica e de asentamento da industria, que sen dúbida ten a capacidade de arrastre e tracción sobre o resto dos sectores da economía. Debemos incrementar o peso industrial nela e contar cunha eurorrexión forte e cohesionada, que sen dúbida ofrecerá un mercado máis optimizado e máis oportunidades a empresas, traballadores e cidadáns", subliñou.

Doutra banda, fixo mención a que a consolidación destas relacións materialízase grazas ao nacemento da Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal baixo o paraugas do modelo establecido polo Consello de Europa e máis recentemente o seu brazo executivo: a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal, constituída como unha das primeiras entidades desta natureza en base ao modelo establecido pola propia Unión Europea e que en 2008 fraguou nunha da primeiras AECTs.

Así mesmo, falouse de que o próximo 23 de outubro terá lugar, en Faro, o 35ª cume hispanoportuguesa, na que participará por primeira vez o primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, e alí deben ser ouvidas e tratadas as necesidades da eurorrexión: "os desafíos que enfrontamos requiren accións concretas e unha planificación estratéxica que inclúa a todos os actores involucrados". 

A necesidade de mellorar as conexións ferroviarias

"A nosa comunidade sufriu durante anos unha falta de investimentos en conexións ferroviarias que permitan un transporte rápido e cómodo, tanto para pasaxeiros como para mercadorías. Nos últimos meses, escoitamos reivindicacións e proxectos respecto da conexión ferroviaria de España e Portugal, como a conexión entre Madrid e Lisboa ou a conexión entre Sevilla e Faro. Con independencia do que ocorra con estas conexións, Galicia e Norte de Portugal necesita unha conexión de primeiro nivel por ferrocarril. 

Entendemos que Portugal aposta por esta conexión e así o incorporou á súa planificación. Só esperamos que España asuma o mesmo compromiso e en 2032 as cidades de Vigo e O Porto estean conectadas por ferrocarril nun traxecto de menos dunha hora. 50 minutos segundo a planificación portuguesa. 

É necesario mentres tanto mellorar as condicións do actual Tren Celta que non ofrece nestes momentos unha alternativa real ao vehículo privado.

Neste momento, non temos seguridade de que España aposte decididamente como si o fai Portugal por esta conexión e por iso pedimos tamén aos nosos socios da rexión norte o seu apoio nesta reivindicación, pois supón un obxectivo común e que non pode ser levado a cabo se España non fai o seu parte. O pasado mes de xullo así o subscribimos todos en Valença do Minho e esperamos que dita reivindicación sexa atendida", advertiu Vieites.

A modernización das infraestruturas viarias

As principais arterias que conectan Galicia con Portugal, como a A-55 ou a A-52 son vitais para o comercio e o turismo, sectores que representan unha parte importante do PIB da eurorrexión. 

"A Confederación de Empresarios de Galicia manifestou en repetidas ocasións a necesidade de aumentar os investimentos en infraestruturas viarias para asegurar que Galicia poida competir en igualdade de condicións con outras rexións de Europa. 

Consideramos de vital importancia o impulso da conexión transfronteiriza por estrada desde Macedo de Cavaleiros até a localidade ourensá da Gudiña, ademais dun acordo internacional entre os dous países, España e Portugal, para o impulso e avance dunha autovía internacional que comunique Celanova e Portugal", detallou.

Mellora do funcionamento do mercado interior europeo na eurorrexión

"Seguimos atopando dificultades que merecen ser abordadas con urxencia. Seguimos sen un recoñecemento dos certificados electrónicos a nivel da Unión Europea ou cun certificado europeo, que poida identificar electrónicamente a persoas físicas e xurídicas en toda a UE e por tanto facilitar así a interacción coas administracións e tamén das entidades privadas entre si.

A aprobación dun estatuto específico para os traballadores transfronteirizos é unha necesidade nunha eurorrexión dinámica e das máis activas da Unión Europea. Estes traballadores enfróntanse a numerosos obstáculos burocráticos e fiscais que dificultan a súa actividade diaria". 

Neste sentido, engadiu que "é necesario tamén ter en consideración que a realidade das relacións laborais motivada pola actividade das empresas e polas necesidades dos traballadores, evoluciona a gran velocidade e moitas veces aparece na fórmula o elemento transnacional e por iso necesitamos darlle resposta.

O teletrabajo transfronteirizo ou transnacional, os traballadores nómades, as empresas con centros de traballo a ambos os dous lados da fronteira, con traballadores que poden traballar para varios á vez, os estranxeiros autónomos que queren desprazarse a prestar servizos alén da fronteira... Moitos supostos e casuísticas novas que deberían ser obxecto de análise e regulación e que nas áreas como a eurorrexión identifícanse a miúdo conformando por tanto unha área ideal para o seu estudo.

Os empresarios galegos vemos no estatuto do traballador transfronteirizo e na adopción de medidas que se adapten á realidade das relacións laborais de hoxe, unha oportunidade para atraer persoas e mellorar a competitividade das empresas da eurorrexión". 

A Confederación de Empresarios de Galicia segue avogando "por unha contorna máis favorable para os negocios, onde as barreiras transfronteirizas sexan cada vez menores".

Promoción turística do Xacobeo e en particular do Camiño Portugués

Estímase que no Xacobeo 2027, o camiño Portugués superará ao francés en número de peregrinos: en 2024 foron ao redor de 160.000 persoas até hoxe mesmo, as que peregrinaron desde Portugal. 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.