CEG

 

A CEG e Women Presidents Organization asinan un convenio de colaboración para traballar pola igualdade de xénero e o reforzo do liderazgo feminino

Sinatura convenio de colaboración
Encontro "O impacto da muller empresaria no mundo"
Encontro "O impacto da muller empresaria no mundo"

Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e Valeria Rodríguez-Codina Felgueras, presidenta do capítulo de Women Presidents Organization (WPO) Galicia, asinaron esta mañá na sede da organización empresarial galega un convenio de colaboración para traballar conxuntamente en iniciativas que favorezan a igualdade de xénero e reforcen o liderado feminino.

Acto seguido, ambas as entidades celebraron en Compostela o encontro “O impacto da muller empresaria no mundo” grazas ao patrocinio de Abanca, co obxectivo de abordar o liderado feminino no ámbito empresarial e que contou coa intervención da directivas Carmen Lence, presidenta e CEO do Grupo Leite Río; Dores Martínez, presidenta de Galuresa; Lucía Casanueva, socia fundadora de PROA; Maite Valiño, directora xeral de Grupo Atlante; Camille Burns, CEO de WPO e Valeria Rodríguez-Codina Felgueras.

Juan Vieites, María Camiño Agra, directora xeral de Capital Humano de Abanca, e María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, foron os encargados de inaugurar o encontro.

WPO

A Women Presidents Organization é unha asociación sen ánimo de lucro que aglutina a un colectivo dinámico e diverso de mulleres líderes empresariais de todo o mundo que comparten coñecementos para impulsar experiencias innovadoras.

A organización brinda unha plataforma de colaboración e de acceso a mulleres líderes que comparten información obtida a través da súa experiencia empresarial. Con ambas as actuacións, WPO lanza o seu proxecto en España.
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.