CEG

 

A CEG e organizacións sectoriais do sector mar industria alertan: “O alza e escaseza de materias primas e o valor da enerxía están levando á inviabilidade económica a moitas empresas”

Rolda de prensa
Rolda de prensa

Representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ANFACO- CECOPESCA, a Asociación  Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE), a Agrupación industrial da Acuicultura, o @Consello Regulador da DOP  Mexillón de Galicia e a Cooperativa de Armadores Pesca do Porto de Vigo ( ARVI) alertaron esta mañá de como a alza e escaseza de materias primas e o incremento dos custos enerxéticos están a abocar á inviabilidade económica a moitas empresas, no marco dunha rolda de prensa celebrada na sede da organización empresarial galega centrada especialmente no mencionado sector. Todos coinciden en que unha das súas principais preocupacións é ademais a incerteza da situación, tanto en termos de tempo como de abastecemento, e piden ás administracións medidas paliativas urxentes.

Sector mar industria

Como secretario xeral de Anfaco- Cecopesca, Juan Manuel Vieites, expuxo que aos mencionados custos “hai que engadir ademais os de transporte e loxística, envases e embalaxes, así como os custos laborais, e que poden acabar poñendo en risco miles de postos de traballo”.

Pola súa banda, Roberto Fariña, representante de AGADE, manifestou que “estamos ante un problema de supervivencia económica para o do mar –un sector estratéxico en Galicia desde o punto de vista estrutural e económico-, xa que #ante unha subida constatada do 215% na enerxía -con facturas que van de 40.000 a 140.000  euros entre decembro de 2020 e decembro 2021 nalgún caso-, as empresas non poden aguantar”. Para Fariña “débense buscar alternativas para pagar un prezo xusto pola enerxía, posto que os nosos produtos non entenden de tempos nin de horarios”.

Jacobo  Docal, en representación da Agrupación industrial da Acuicultura, expresou as demandas do seu sector “preocupado pola subida dos custos da enerxía, o osíxeno, a embalaxe e a loxística” e tamén por “a incerteza de como vai continuar a situación a longo prazo porque non parece que vaia a ser algo conxuntural”.

Lina  Solla, presidenta do Consello Regulador do DOP  Mexillón de Galicia, engadiu a preocupación do seu sector polo sobrecusto do prezo do gasoil -un 200% máis entre decembro de 2020 e decembro do ano pasado-, e do cartón, nun 42%. Engadiu ademais que “as empresas podemos aguantar un ano con ganancias mínimas ou mesmo con algunha perda, pero non máis tempo”. “Non se pode subir un 20% a cesta da compra”, sentenciou.

Finalmente, Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo ( ARVI), resaltou que os problemas que lles afectan no seu ámbito son a principalmente a subida do gasoil mariño –un 140% desde abril de 2020 ata a actualidade-; da enerxía eléctrica –cunha media de tres veces máis respecto a decembro de 2020-, do cartón, do plástico e do transporte”. Considera que “estamos nunha situación de enorme incerteza e encarecemento desorbitado dos custos de produción, co que a viabilidade das empresas e o mantemento dos postos de traballo están en  solfa”. Engadiu Touza algunhas posibles medidas para corrixir a situación como “a aplicación do IVE  superreducido para aqueles produtos saudables relacionados coa pesca; a non eliminación dalgunhas exencións fiscais que propón o Goberno; e o favorecemento da  investigación para atopar alternativas de eficiencia ambiental para as empresas”. “Débese axilizar e apoiar a economía verde a través da innovación e a fiscalidade para que as compañías poidan dispoñer de enerxías alternativas”, finalizou.

Resto de sectores da economía galega

Pola súa banda, como presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Vieites puxo de manifesto que esta “tormenta perfecta” que está a comprometer claramente a recuperación económica “afecta ademais a outros sectores crave para a economía galega, como a automoción, o naval, o metal, a pesca, a construción, a loxística ou o transporte, que son só algúns de eles”.

Polo que respecta á industria, hai que considerar que “soamente o transporte marítimo de contedores está hoxe un 224% máis caro que hai un ano, ao que hai que engadir o aluminio (40%), cobre (63%), outros metais (17,6%) e os récords históricos na luz que claramente lles afecta”. “En canto a economía chinesa teña as necesidades cubertas haberá maior dispoñibilidade de materias primas para Europa, aínda que está claro que necesitamos máis músculo industrial e reducir a dependencia exterior”, manifestou o presidente da patronal galega.

“O sector do transporte –en palabras de Vieites-, tamén se está vendo moi afectado pola subida de combustibles, o que provoca que provoca que os transportistas traballen –así o levan facendo meses-, con marxes inexistentes ou con perdas. Trátase dun problema engadido ao da gran escaseza de condutores profesionais.

Finalmente, o presidente da CEG aludiu ao sector da construción, ao que “lle están afectando subidas moi significativas no aceiro e o petróleo e tamén na madeira e os metais, o que repercute no correspondente encarecemento das obras”.

Neste sentido, Vieites expuxo algúns datos ofrecidos por un estudo da Asociación Nacional de Construtores Independentes ( ANCI), que calculou a repercusión que está a ter a alza dos custos nas obras de construción nun período que abarca de abril do 2020 a novembro de 2021 e que refire que os incrementos medios por tipos de obra son do 61% en estradas; do 33% en obras ferroviarias; do 27% en hidráulicas; do 32% en edificación; do 28% en portuarias; e do 37% en aeroportuarias”.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.