A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) demanda coordinación entre as distintas administracións competentes para conseguir desenvolver un plan integrado das infraestruturas pendentes en Galicia, así como os servizos necesarios ao dispor de empresas e da cidadanía en xeral, como elemento crave de competitividade da nosa comunidade autónoma e de atracción de investimento e asentamento de novas empresas. Así o manifestou Juan Manuel Vieites, presidente da organización empreasarial galega, no marco da reunión mantida esta mañá coa conselleira de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez.
Neste sentido, a patronal galega solicita ademais potenciar a utilización das declaracións responsables e a participación de entidades colaboradoras na tramitación administrativa, especialmente coa administración local, para crear un mecanismo que redunde na axilización e redución de tempos nos distintos procedementos.
E é que a Planificación dos Fondos Europeos tanto estruturais como os que se incorporan no marco Next Generation ofrecerannos unha nova oportunidade de apostar por unha maior cohesión territorial de Galicia co resto de Europa e pola dotación de servizos que atraian empresas e contribúan a combater o déficit xeográfico. Para Juan Manuel Vieites “a importancia das actuacións para desenvolver e o escaso tempo para a súa execución derivan na necesidade imperiosa de actuar coordinados e con mecanismos de axilidade administrativa”. Por iso, a CEG valora positivamente a posta en marcha do desenvolvemento dunha estratexia loxística en relación coas infraestruturas craves de Galicia posto en marcha polo departamento de Ethel Vázquez.
Infraestruturas chave en Galicia
Durante a reunión, o presidente da CEG expúxolle á conselleira de Infraestruturas e Movilidad unha serie de actuacións imprescindibles a promover e a defender desde Galicia, demandando a conclusión da chegada da alta velocidade ferroviaria ás principais cidades de Gaicia o máis axiña posible; reclamando a plena integración da comunidade galega no Corredor Atlántico, sen prexuízo de manter e mellorar liñas fundamentais para as mercadorías; garantindo unha rede de ferrocarril para as mercadorías competitiva que permita abordar media e longa distancia en condicións competitivas, así como o acceso do ferrocarril aos portos. Neste último sentido, e en palabras de Juan Manuel Vieites, “a conexión intermodal é un elemento clve para a posta en valor das infraestruturas postuarias de Galicia, polo que necesitamos dotar de infraestruturas ferroviarias aos operadores, tanto de nova creación, como adaptando as existentes para que en todo caso ofrezan prestacións que lles permitan ser competitivos”.
Así mesmo, o presidente da CEG abordou con Ethel Vázquez a necesidade de garantir a coordinación das infraestruturas portuarias e aeroportuarias de Galicia, “que deben coordinar esforzos e accións, ofrecendo un potencial maior de servizos a usuarios e empresas”. Nesta liña, patronal galega e consellería de Infraestruturas e Movilidad coinciden na necesidade de que o Goberno de España realice un estudo sobre o impacto que terá a posta en marcha do servizo do AVE sobre os aeroportos galegos que lles permita organizarse para a chegada da alta velocidade a Galicia.
A Confederación de Empresarios de Galicia tamén considera prioritario apostar claramente por unha conexión ferroviaria con Portugal “non podendo renunciar –en palabras de Juan Manuel Vieites-, á conexión directa e coas mellores prestacións coa área metropolitana máis próxima que é Porto”.
Intervencións específicas en estradas e ferrocarril
No marco do encontro, o presidente da CEG tamén lle trasladou á conselleira unha serie de demandas específicas no ámbito das estradas da comunidade e que, sen ánimo de exhaustividad, céntranse na finalización da autovía entre Santiago de Compostela e Lugo; a axilización da construción da Autovía Lugo-Ourense (A-56); a conexión por autovía entre Ponferrada e Ourense (A-76); a terminación da autovía entre Ourense e a fronteira portuguesa en Lindoso; a axilización da construción da A-72 (Monforte-Chantada) e a súa conexión coa A-76 (Ponferrada-Ourense) e A-56 (Lugo-Ourense); así como a dos tramos pendentes da Vía de Alta Capacidade ( VAC) Costa Norte; a resolución do problema de néboas na A-8; ao apoio á autovía entre o nordeste de Portugal, a A-52 e a estación do AVE da Gudiña; o variante norte de Ournse ( Eirasvedras Quintela); así como a ampliación tanto da avenida de Alfonso Molina como do Puente da Pasaxe, ambas na Coruña.
Igualmente, e polo que respecta ás obras de ferrocarril pendentes en Galicia, Juan Vieites apelou á necesidade da execución do último tramo entre Taboadela e Ourense; á construción dunha única estación de mercadorías en Ourense; á dotación de ferrocarril aos portos exteriores da Coruña e Ferrol; á electrificación e modernización da liña Monforte-Lugo-A Coruña; á inclusión da liña Ourense-Zamora-Medina del Campo como un ramal de conexión que complemente o establecido entre A Coruña-Lugo-Monforte- Ponferrada-León; á actualización da liña Lugo-Ourense e á activación da estación intermodal de Lugo.
Túnel de Folgoso e AP-9
A CEG espera que o próximo día 30 de abril, e tal e como manifestou o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, estea operativo o túnel de Ou Folgoso, debido a que novas demoras serían inadmisibles.
Noutra orde de cousas, a Confederación de Empresarios de Galicia tamén solicitou máxima prioridade no seguimento dos descontos comprometidos por este departamento do Executivo na Autoestrada do Atlántico (AP-9), xa que se debe tentar dar a máxima cobertura aos usuarios coas bonificacións e o seu mantemento ata 2048, especialmente ao transporte por estrada –que fai un uso intensivo da infraestrutura-; e cumprir co compromiso de liberación da peaxe de Redondela.
Por último, Juan Manuel Vieites apelou á necesidade de poñer en marcha un estudo de nova estratexia de mobilidade de fronte ao futuro tendo en conta os cambios producidos en hábitos e comportamentos por mor da pandemia.