CEG

 

A CEG centra o foco na necesidade da ciberseguridade industrial durante a celebración dun seminario online

Webinar sobre Ciberseguridade industrial
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou esta mañá o webinarCiberseguridad industrial: o valor diferencial en cada escenario” para poñer o foco na “necesidade deste conxunto de prácticas, procesos e tecnoloxías #ante a realidade de que a industria está en pleno proceso de transformación cara a unhas plantas de produción e instalacións industriais modernizadas e conectadas e onde a produción está directamente controlada e monitorada por sistemas informáticos”, segundo expuxo o seu presidente Juan Manuel Vieites durante a intervención inaugural.
 
“Segundo o Instituto Nacional de Ciberseguridad –e tal e como explicou Vieites-, o cibercrimen xa supón o 1% do PIB mundial, e España sitúase no terceiro posto da clasificación dos países con máis ciberataques, só por detrás de Estados Unidos e de Reino Unido. No noso país, os ciberataques xa supoñen un custo para as empresas de 14.000 millóns de euros cada ano”.
 
Finalmente, o presidente da CEG lembrou que tal e como se recolle na Estratexia Galicia Dixital 2030, “a ciberseguridad é un factor moi a ter en conta, polo que se fixan entre as súas metas que para ese ano o 25% das empresas usen solucións dixitais avanzadas baseadas en Ciberseguridad, Intelixencia Artificial e/ou Big Data e que o 20% das empresas TIC conten con especialistas nestas temáticas”.
 
O tema central do seminario foi abordado Juan Carlos Poza Bustos, responsable de Produto e Sistemas de comunicacións e Ciberseguridad Industrial de Siemens, empresa colaboradora na organización do mesmo. A actividade enmárcase na celebración do ciclo de seminarios organizado con motivo do 40 aniversario da CEG.
 
 
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.