Dende o empresariado galego trasladan ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, as prioridades empresariais para o exercicio que inicia.
Juan Manuel Vieites advirte que "as decisións empresariais non atenden a nacionalidades senón a rendibilidade e a oportunidade".
Dende o empresariado galego avogan por unha contorna máis favorable para os negocios, onde as barreiras transfronteirizas sexan cada vez menores. "As infraestruturas e o estatuto dos traballadores son só dous exemplos de como a cooperación entre Galicia e Portugal pode seguir avanzando cara a un futuro máis integrado e próspero".
Dende a Confederación trasladaron diversas cuestións ao conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, co que se reuniu o presidente da organización, Juan Manuel Vieites, para coñecer ao detalle os orzamentos da Xunta de Galicia para 2025.
Falan da necesidade da creación dunha mesa de industria e enerxía, para poder facer subgrupos de traballo sobre estes temas, que hoxe teñen especial protagonismo e que resultarán fundamentais para aumentar o peso industrial de Galicia.
O xerente do COBGA, Pablo Fernandes, incidiu en que "o marisqueo nas rías galegas enfronta desafíos significativos derivados do cambio climático, así como ao reto de mantemento das boas prácticas de xestión dos recursos e do estado do medio. É necesario ter presente que a produción dos bivalvos non só baséase no crecemento de poboacións salvaxes, senón que tradicionalmente foi sostida con tarefas non extractivas, como traslados, rareos, limpezas e con medidas de xestión adaptadas á peculiaridade das existencias".
A presidenta da Comisión, Isabel Cañas, sinala que deberán "traballar todos xuntos en coñecer mellor as causas de diferente natureza que están a xerar esta situación dunha produción por baixo da capacidade das rías".
Herrero apelou "á responsabilidade de todas as administracións públicas no Plan Fiscal Estrutural, necesario para cumprir as novas regras fiscais. A credibilidade do plan é esencial para as finanzas españolas e para o propio euro, que estrea novo mecanismo de coordinación da política fiscal".
Pola súa banda, Vieites incidiu na súa preocupación "pola incerteza que rolda os orzamentos para 2025: non sabemos se se van a aprobar ou seguiremos prorrogando como o ano pasado os orzamentos". Critica "a lentitude no desembolso dos fondos europeos e a excesiva burocracia, o que dificulta a rápida implementación de proxectos".