Patricia Motilla subliña que o lexislador español está a estimular cada vez máis o mundo da cultura, "fundamentalmente debido a dous motivos: permite unha reactivación da economía e é unha penetración fácil no mercado do turismo".
Desde a CEL lembran que "a cultura galega supón un 3% do PIB e un 3,6 % do emprego da comunidade. Desde o ano 2011 o sector experimentou un crecemento do 65 % ao pasar de 21.400 traballadores aos 35.400 que agora operan nas diferentes actividades culturais. Uns datos que sitúan a Galicia como a quinta comunidade autónoma do país en canto a profesionais da cultura".