Unha xornada para visibilizar a presenza das mulleres en sectores e postos de traballo tradicionalmente masculinizados
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou unha xornada para visibilizar a presencia de mulleres en sectores e postos de traballo tradicionalmente masculinizados.
Dende a CEG destacaron que “a maioría das empresas manifestan ter dificultades para encontrar o persoal cualificado que precisan no seu ciclo produtivo, feito que contrasta cos datos do desemprego e con que unha parte das ocupacións sigan a ter un sesgo masculinizado, polo feito de que ás mulleres non as contemplan no momento de decidir sobre as súas ocupacións”.
Dentro da xornada, chamouse a atención sobre a necesidade de “incrementar a formación e información e a importancia dunha maior coordinación das empresas cos centros de formación e educación, para mellorar a igualdade e afondar na visibilidade de mulleres referentes en sectores masculinizados, para reverter esta situación, que se ben é certo está a mudar, faino moi pausadamente”.
Pola súa parte, a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, aludiu á importancia deste tipo de xornadas e destacou as iniciativas da Xunta de Galicia no eido da conciliación corresponsable.
Nas tres mesas nas que estaba organizada a xornada, relatáronse as experiencias de mulleres que traballan. no día a día, en sectores e labores tradicionalmente ocupadas por homes.
Na primeira, coordinada por Patricia Davila Souto (CEP), abordouse o sector mineiro e contouse coas experiencias aportadas pola directora de Calidade e Laboratorio de ARIDOS DO MENDO e as palistas de GRUPONOSA, Manuela Torrado Coto, Sandra Suárez Sierra e Fátima Torrado Coto.
Na segunda mesa, coordinada por Pilar Pallín Lombao (CEC), adicouse ao sector do metal, coas intervencións de Jonathan Balay Marta, director de Persoas e Equipos de ARCE CLIMA; Celia Blanco Bello, técnica de mantemento da mesma empresa; Katia Costas González, soldadora en ECOFOREST; Geni París Bouzas da Asociación ASINEC; e Marisa Fernández Mosquera, de MONTAJES AS PONTES, instaladora eléctrica e empresaria.
A última das mesas, moderada por María de Miguel (CEO), foi adicada ao sector mecánico e do motor coa intervención de Judith Castro Pose, pintora en automoción da empresa ARROJO AUDI (Grupo Pérez Rumbao); Noa Bouzón Taibo, xefa de taller en EUROMASTER; Raquel Calvo Ferreiro, fresadora do Grupo STELLANTIS) e Carmen Fernández Díaz, directora de estación ITV en SYC ITV – APPLUS.
A devandita xornada foi organizada polo Gabinete Técnico de Igualdade da CEG, en colaboración coas Confederacións provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e no marco das accións desenvolvidas ao abeiro do proxecto do gabinete técnico, que conta co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A sesión inaugural estivo a cargo do secretario xeral adxunto da CEG, José Manuel Maceira Blanco, e da coordinadora do Gabinete de Igualdade da CEG; Lucía Rial Pampín. A clausura contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez.

El noroeste reivindica en Madrid el Corredor Atlántico como elemento clave para el desarrollo de España
Leer mas
O presidente da CEG recibe en visita instituciónal á directiva da Fundación INADE
Leer mas
A CEG insta a promover a eurorrexión como un polo de atracción de investimentos produtivos e de asentamento da industria
Leer mas
Contacta coa
CEG