gl
  • es
  • gl

GEM 2025

Convenio entre a Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración, a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional.

Partes asinantes

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Obxecto

O obxecto xeral do convenio é a colaboración para a realización e execución dos traballos do Proxecto GEM en España a nivel rexional, concretamente en Galicia, durante ou ano 2025. Estes traballos son:

  • Enquisa á poboación adulta (APS), Adult Population Survey, de acordo coa metodoloxía GEM durante o ano 2025.
  • Entrevistas a expertos (NES), National Expert Survey, de acordo coa metodoloxía GEM durante o ano 2025.
  • Redacción, edición, presentación pública e difusión do Informe rexional 2024-2025.

En particular, a CEG responsabilizarase da organización do acto de presentación pública do Informe GEM Galicia 2024-2025, da selección de colaboradores e participantes no mesmo, de darlle difusión vía streaming ao acto de presentación e de favorecer a realización dunha actividade de networking asociada á presentación dos resultados.

Prazo de duración
01.01.2025 – 31.12.2025
Obrigados á realización das prestacións

• CEG e USC: realización das accións.

• Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración: pago da axuda.

Obrigación económica convida
3.000,00€