gl
  • es
  • gl

EURES-T 2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal durante o ano 2019.

Partes asinantes

Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Obxecto

Establécense as condicións polas que se rexe a cooperación entre ambas entidades, para a realización das actividades que figuran no Convenio VS/2017/0392, relativo á aprobación pola Comisión Europea e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria do orzamento e subvención comunitaria para EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal.

Prazo de duración
01.01.2019-31.12.2019
Obrigados á realización das prestacións
  • CEG: realización das accións.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria: pago da axuda.
Obrigación económica convida
40.016,10 € dos cales a Consellería de Economía, Emprego e Industria aporta 32.012,88 € e a CEG 8.003,22 €.