Partes asinantes:
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia.
Obxecto:
Establécense as bases de colaboración entre a CEG e o IGAPE para realizar accións formativas e de difusión en materia de "compliance", como apoio á mellora da competitividade actual e futura das pequenas e medianas empresas radicadas en Galicia.
A acción está dirixida a promover no seo do empresariado galego a adquisición de competencias para o desenvolvemento dunha cultura empresarial que permita promover a valoración reputacional das empresas galegas en canto ao cumprimento da normativa, a responsabilidade social e ética e a sustentabilidad ambiental co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais.
Prazo de duración:
26.04.2022 – 15.11.2023
Obrigados á realización das prestacións:
• CEG: realización das accións.
• IGAPE: pago da axuda.
Obrigación económica convida:
7.550,00€ para a anualidade 2022
24.950,70€ para a anualidade 2023