CEG

 

Servizos no marco da Rede EURES-T

EURES Transfronteirizo Norte Portugal - Galicia

Logo Comisión Europea   Logo EURES

EURES (European Employment Services) é unha rede de cooperación formada pola Comisión Europea e os Servizos Públicos de Emprego dos Estados membros da Unión Europea e de Suíza, Islandia, Liechtenstein e Noruega. Esta rede foi constituída co principal obxectivo de facilitar información, asesoramento e contratación ou colocación aos traballadores, empregadores, demandantes de emprego e, en xeral, a calquera cidadán da Unión que pretenda beneficiarse do principio de libre circulación de traballadores.

Nas rexións fronteirizas como as que compoñen a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e dada a transcendencia que ten a mobilidade laboral nestas áreas, organízanse “Asociacións transfronteirizas EURES” nas que participan, ademais dos servizos de emprego, outros axentes e organizacións como asociacións empresariais, sindicatos, universidades, autoridades locais, etc.

A Confederación de Empresarios de Galicia como socio do EURES Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia, ademais de ofrecer servizos de información, colocación e contratación; supervisa os fluxos e os obstáculos á mobilidade e responde ás necesidade de información relacionadas coa mobilidade transfronteiriza de traballadores e empresas.
 

CONSELLEIRA EURES-T

Os Conselleiros Eures son un persoal altamente especializado e integrados na Rede EURES. A Confederación de Empresarios de Galicia é a única organización empresarial que conta cunha Conselleira EURES en España.

A Conselleira EURES da CEG presta servizos de información e asesoramento ás empresas de Galicia en materia de mobilidade transfronteiriza.

As actividades e publicacións desenvolvidas pola CEG no marco de EURES contan co apoio financeiro do Programa Europeo de Emprego e Innovación Social ( EaSI) 2014-2020. Para máis información, por favor consulte: http://ec.europa.eu/social/easi
A información contida neste espazo, non reflicte necesariamente a posición oficial da Comisión Europea

Formulario
Condicións para o tratamento dos seus datos.
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa finalidade de atender a súa solicitude, procederá ao tratamento de datos de carácter personal segundo o Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016. 

Responsable: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Finalidade: Xestionar os servizos ofrecidos pola CEG e as actividades organizadas nas que vostede participe: Neste caso, atender a súa solicitude de información ou prestar o servizo que nos solicite.
Asemade, se vostede nos autoriza expresamente na casilla superior, manterémolo/a informado/a sobre publicacións, actividades e servizos que poidan resultar do seu intere. Vostede poderá solicitar en calquer momento a través do enderezo de correo electrónico polo que recibe a información, que cancelemos o envío.
Lexitimación: Solicitude/consentemento do/da interesado/a.
Datos obxecto do tratamento: Para a finalidade descrita anteriormente, serán obxecto de tratamento os datos recabados a través deste formulario, así como calquera outros datos que se precisen e que vostede nos traslade.
Destinatarios: Non se realizará cesión dos seus datos a terceiros.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na Política de Cookies e Privacidade da CEG.
Información adicional:
Pode consultar información adicional respecto do tratamento de sus datos na Política de Cookies e Privacidade da CEG recollida na páxina web da Confederación de Empresarios de Galicia
Ademáis pode solicitar a información adicional que precise a través do enderezo electrónico: seguridad@ceg.es
Autorizo asemade a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.