gl
  • es
  • gl

Servizos a empresas

A procura de candidatos cualificados para ocupar cargos dentro dunha organización é un proceso que esixe un planeamento riguroso e un gran esforzo. Neste sentido, o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) permite acceder, como fonte de reclutamento, a unha base de datos de demandantes de emprego completa e exhaustiva que amplía as posibilidades de localizar os perfís máis adecuados.

Desde o Servizo de Formación, Orientación e Emprego da CEG (SERFOE) préstase apoio e asesoramento aos empregados nos procesos de reclutamento, selección e contratación de persoal, ofrecendo axuda personalizada e individualizada para cada posto ofertado, recollendo e solucionando as necesidades e dúbidas que se susciten en materia de emprego.

Acceso ao servizo

O acceso é libre e gratuíto para todas aquelas empresas e entidades da nosa Comunidade Autónoma.

Vantaxes do servizo

  • Resolver as súas dúbidas en materia de emprego de forma áxil e en horario amplio.
  • Apoiar e axilizar os procesos de reclutamento e selección de persoal
  • Proporcionar un trato directo e personalizado.
  • Achegar os servizos do SPEG ás empresas.

Formulario

    Consulta as condicións para o tratamento dos teus datos
    Tamén autorizo a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.