gl
  • es
  • gl

Emprender en Galicia

Un dos obxectivos primordiais da Confederación de Empresarios de Galicia é o de promover e potenciar a creación de empresas como fonte de xeración de riqueza e vía de inserción laboral.

En consonancia con este empeño, a CEG asume como unha das súas principais liñas de actuación, o fomentar e apoiar aquelas iniciativas que contribúan ao crecemento do noso tecido empresarial. E este é, precisamente, o ámbito no que vén actuando o seu servizo de Atención a Emprendedores: prestando asesoramento e apoio integral a todas aquelas persoas que desexen pór en marcha unha iniciativa empresarial.

Para Asesoría-Solicitude de cita encha o seguinte formulario.

Formulario

    Consulta as condicións para o tratamento dos teus datos
    Tamén autorizo a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.